Algunhas datas quedan gravadas no calendario da nosa vida. Recordámolas un ano máis tarde, dous, incluso moitos anos despois. Envolvémolas en simboloxías. Marcan finais, inician comezos.
Non pensamos en que cada día é o aniversario de algo que xa temos esquecido.
Imaxes: porque a memoria é maleable. [videoclip de 3:06]
É fácil lembrar o que fixen o ano pasado polo meu cumple, nas vacacións ou na ponte de decembro; pero pasa o tempo e moitos deses recordos desaparecen, remexidos os anos, as persoas, os feitos. De non escribir aquí, da pasada semana de vacacións en Childhood Land pronto non recordaría:
-O alivio que sentín ó pospoñer a próxima estadía no hospital.
-A visita de N&N, a comida xeitosa, o paseo outonal longo, enerxético.
-A sorpresa de que A. [o invisible], aparecese por alí e abatese, sin problemas, os 45 cm. da distancia persoal.
-A noite na que a brétema espesa subiu dende a escuridade da infancia, meténdome a súa friaxe húmida ata o tuétano, deixando do presente só vultos esluídos. E o conforto que sentín a noite seguinte, cando apareceu X. e bebemos a botella de Muga 2005 á beira do lume.
-A excursionciña polo interior, as estradas traidoras de paisaxes fermosísimas; o primeiro cocido do inverno en Vilalba; a conversa sobre aniversarios; o agasallo do pan de Antas; o meu tenro recordo daquela cinta marela arredor do carballo [parecían cantar os mesmos paxariños malia non ser primavera]. A íntima reflexión que me levou, unha vez máis, á convicción de que o amor é autoxenerado, como pensaba Stendhal.
-As idas e voltas pola carretera da Coruña.
-O agradabilísimo xantar en Malpica [ese segundo cocido, ai pobres porquiños] e o remate en urxencias con P. que, cando marcha da súa casa, parece que alguén lle bota o meigallo.
A lembranza ten moito de emotividade. Hai quen lembra o que ten que escribir nun exame, soamente se no momento do estudo se deron unhas circunstancias determinadas, unha música, unha imaxe, unha chamada de alguén, ou simplemente a raiola que se colaba pola fiestra…
GústameGústame
una estupenda jornada que ha quedado perfectamente resumida en este vídeo tan chulo que has preparado. ese xantar humeante me ha puesto las gustativas locas, sólo de imaginarlo!
GústameGústame
Sabes que a palabra recordo vén do latín, formada polo prefixo “re” e o substantivo cor-cordis (corazón). A súa etimoloxía sería (volver a pasar pola corazón). Por iso, eu penso, que hai datas que nos son moi difíciles de esquecer, mentres somos capaces de poder esquecer outras, aínda que tamén están almacenadas, pero que nunca “volverán a pasar polo corazón” porque para nós non foron importantes.
Bicos
GústameGústame
Es verdad hay fechas que nunca olvidas,no sabes cuando ocurrirá pero una vez ocurre quedan para siempre….lo conté en un post y jamás olvidaré ese momento…aún cuando no sepa que día del mes era exactamente…ah ¡Feliz Navidad!
GústameGústame
Bos días amicus:
Fíxolleme a boca auga, saíronlleme os ollos das órbitas e coma un abellón quixen orbitar ao redor de tan boa “pota”. Que rico, que rico. En que se fundamenta?
Estas cousas non se poñen así, soas; sin xeito…tras delas débese por: ” quedan vostedes convidados ainda sexa lonxe…”
Deberían inventar “vidros” con cheiro, entón o teu sería sublime. Agora só é perfecto.
Nesta nova etapa cambiaches, como a tapa da sopeira, cara a camiños reporteiros. Nova imaxe en imaxes en movemento. Esas ourellas cocidas, patacas cocidas, chichas e freixós tamén.
Isto non ponse se non é pra convidar; dende onte á noite teño un baleiro no colo terrible…e esa mesa..fiuuu.
Breves saúdos pantagrólicos.
Ogol DEIC amicus…
GústameGústame
Bos días amicus:
Nesta Galiza agachada que todos levamos dentro haberá sempre lembranzas enxebres que cheguen a ser eternas.
Breves
Deica.
GústameGústame
eu esquezo moitas datas, en realidade casi todas, xa non penso nelas para logo non sentirme culpable.
imaxina o que me pasa cos días corrientes, casi non recordo nin o que comín onte…
pero non por iso deixo de recordar cousas… chegan como queren eses recordos que se amontoan sin ton ni son, de mais importantes a menos, o doutro xeito… teñen liberdade para vir o partir.
biquiños,
GústameGústame