E xunto coa saudable sensación de terse liberado dun influxo, dun encantamento, queda tamén un baleiro: onde estaba a emoción, hai un oco. Para fuxir dese vacío alimento eu as miñas emocións, que non esvaezan -aínda que ás veces manquen-, porque cando se dilúen quédame o corazón frío, o corpo escarchado. E eu quixera estar sempre derretida.
Como unha ringleira de eirugas pola autoestrada, todos a 110, ímonos seguindo prendidos uns nos outros polos conos de luz na semiescuridade, adormecendo co movimento suave, coa languidez da voz feminina que canta. ♫ Moonlight ♫ Sophie Zelmani ★
A vida é un paréntese de realidade no interior do coche.
E de súpeto vina: emerxera sixilosamente aquela enorme e inquietante lúa laranxa. [Había moitos anos que non] vía a estraña beleza desta lúa, tan próxima que asombra, tan máxica que enfeitiza. Quedo baixo o influxo da súa luz prestada. Alí a está, maxestuosa, impoñendo a súa presenza, pendurando de ningures, percorrendo o ceo sostida por forzas incomprensibles. E sei que el a estará vendo, enmarcada na xanela do seu salón, ou andará pola beira do mar e prenderánselle os ollos no reflexo ardente da auga. E veráa tamén el, entre as pólas espidas dos carballos na escuridade da aldea.
E eu, avelaíña que busca unha caricia e só bate contra o vidro iluminado na noite.
Respiro fondo para encher de ar un furadiño que teño no peito. En cada inspiración a vida propágase polas veas, esténdese polo corpo a sensación plena de sentirme viva, consciente da propia conciencia, feliz da capacidade de goce. Suspiro, añorante, mais comprendo que no fondo [ou na cima] pouco importa que alguén me pense mirando a lúa se eu podo vela e gozala, eiruga en ringleira nunha autoestrada.
Pecho o paréntese e voume deste pensamento. A voz canta agora acariñadora.
Estremezo.
La bitácora de ciencia, tecnología, arquitectura, informática... todo lo humanamente divulgable lo tenemos y sino se lo conseguimos sin sobrecoste. Eso sí, en Castellano (casi siempre).
E corto coa coitela as liñas das veas que forman as verbas que escribo, e deixo que corran e se expandan, verbas que non rematan nunca, verbas infinitas
Consultora de Desarrollo de Personas y RRHH | Marca Personal y empleo |Psicóloga. Te ayudo a identificar tu talento, a ponerlo en acción y a darle visibilidad para dejar huella y conseguir tus objetivos profesionales.
traducir é producir:: translating is loving :: un espazo onde se dá coa palabra e se le como soa mellor:: traducións a galego| desde o galego | into galician | from galician
Mi hermana salió del armario, mi madre se llevó un disgusto y yo me fui a Brno, con la Nespresso y los Tommy Hilfiger, y dejando atrás la Thermomix y un medio novio.