podes deixar o sombreiro posto [videoclip]


Este enredo vai adicado a mari de piloño.


A comarca natural da Ulla ten unha tradición única e orixinal polo antroido, da que hai testemuñas dende mediados do século XIX.
Os xenerais e correos percorren as parroquias ao longo do día dando vivas ós veciños, acompañados dun “exército” de abandeirados, coros, comparsas e parrandas.
Despois prodúcese “o atranque” ou alto, onde se enfrontan dialécticamente facendo burla da política ou de asuntos locais, utilizando unha rima sinxela (da que non fan moito caso) e un soniquete característico, con lixeiras variantes dunhas parroquias a outras.

a min, nin carbón. nin falta que me fai. [videoclip]

Ya llegó la Navidad y los Reyes Magos corren por la ciudad con los regalos. A unos les dan carbón, porque son malos. Y a otros les dan por culo los camellos en el barrio. [Melendi]

falando [de aniversarios, do porco de san antón]

Algunhas datas quedan gravadas no calendario da nosa vida. Recordámolas un ano máis tarde, dous, incluso moitos anos despois. Envolvémolas en simboloxías. Marcan finais, inician comezos.
Non pensamos en que cada día é o aniversario de algo que xa temos esquecido.

Imaxes: porque a memoria é maleable. [videoclip de 3:06]

Seguir lendo

memorias

Fíxenlle unha ponte colgante para os meus defuntiños, os antepasados. Virían mirar estrañados, verían aquela casa, naquel sitio, iluminada no medio da noite, chea de xente leda, as xanelas abafadas por alento de vivos, o fume da cheminea bailando coa chuvia. Axexando dende a escuridade tremerían canda nós escoitando os contos de Cando petan na porta pola noite, con máis medo ca O Fornadas.

[non hai trebón que arrede aos amigos nin friaxe que se lle arrepoña á queimada].

 

A fotografía é da exposición Ao pé do lar: memorias de cociña.
Maribel Ruiz Erenchun é a autora
.
 
 
 Anotacións para non esquecer: A caloriña do lume. As castañas asadas. O cheiro a humidade do monte enchoupado. Aquel curruncho ateigado de amarelo.