o peizoque de dores [videoclip]

O peizoque canso
reconta feliz
as palabras todas
antes de ir durmir

Videoclip resumo da presentación do libro de Dores Tembrás “o peizoque Roque”, un libro para nenos [grandes e pequenos] con ilustracións de Xosé Tomás, editado por Galaxia.

Tamén en Vimeo (HD)

[O libro leva unha dedicatoria:
“De Romeu, que llo aprenderá a Duarte.
E para Ledicia, Nerea, Mateo e Lino”]

Na cara de Dores, tamén se pode ler.

dios dea quen fale con un [videoclip]

Pitima foi quen argallou este traballiño: ela cantou e fixo os arranxos a partir dun texto de Chousa da Alcandra e a música composta por Raúl.
Falabarato recitou e aportou as imaxes coa técnica time-lapse que eu xuntei coas miñas para montar este video:

Click aquí para velo nun tamaño axeitado e mellor calidade de imaxe

 Ou en youtube

primavera silenciosa [videoclip]

Deixa que medren as palabras

Neste remexido, unha selección das moitas imaxes que tiña recollidas coa cámara.
Click en Vimeo para velas en maior calidade e tamaño.

almanaque sen follas [videoclip]

Igual é raro arrimar o lombo contra os valos e comer bocadillos tristes con viño tinto en compañía de lagartos, á beira dos cemiterios ou dos pazos abandoados. Un ano fun lonxe. Sería abril, porque era un día quente e cantaba o cuco.

 

distraccións [videoclips]

(Este videoclip fíxeno como agasallo para Aura, a quen tanto lle gusta ver o mar.)

[youtube:”http://youtu.be/10SjX7KE938″&w=600&h=350%5D

Só me fago a graciosa para distraerme da verdade.

xa sabes [videoclips].

Non pronunciamos palabras como sororidade ou pacto. Pero sabiamos que iso era, buscando a raiola de sol en Ponte Maceira, xantando na taberna de Avilés de Taramancos en Noia, remexendo nos andeis do xamón ibérico no Mercadona.