Heiche traer unha manda de breixo, ou un brazado de trigo (con papoulas). Os crisantemos non combinan ben co vestido branco que levabas de nena na procesión do Corpus. Nin co estampado que estreaches na festa, cando veu a Banda de Merza e bailaches no atrio, sobre o granito das lousas.
Ti non precisas crisantemos. A ti vanche medrando, polas rendixiñas da lousa, prímulas silvestres e nomeolvides.