algo que celebrar

remata a noite máis longa do ano

remata a noite máis longa do ano

O xoves, 22 de decembro, ás 6,30, vin saír o sol dende a miña ventá. Oficialmente rematou o outono. Lucidez que dá o frío na cara, para ver que tamén algo en min cambia [En min, pero sen min, como no resto do universo]

Había unhas horas que regresara do hospital, sobre a mesiña os bombóns agasallo do meu neno, os zumes e iogures dos coidados familiares. No teléfono o rexistro das chamadas e SMS, semella o inventario dos cariños.
Este ano non me esmaga o nadal. Celebrarei esta noite unha cea especial: que a operación saiu ben, que os días xa medran, que a noite mingua, que existe a soedade e a esperanza.

23 opinións sobre “algo que celebrar

  1. Non te sintas soa. Deixa que a presencia de aqueles a quenes nos agasallas coas túas palabras/bágoas/risas/barrenes che soplemos un chisquiño de calor. Agora vai o meu soplo. Coidado cos papeis soltos enriba da mesa…
    Felices Festas, Paz!
    (Para o ano que ven facemos un Belén Blogueiro entre todos. Eu apúntome a ser o pesebre!!)

    Gústame

  2. Pingback: algo que celebrar – Falabarato

  3. Xa llo dixen a el pero quero dicircho tamén a ti: encantoume o vídeo que che fixo Xosé.
    Espero que te mellores e que nos sigas deixando esas pastilliñas de vida.

    Gústame

  4. A mí no me va mucho esto de internet, ya lo sabes,pero de vez en cuando pincho en tu blog y me lo leo todo seguido,aunque nunca escriba,y por eso tú dijiste que raro cuando nos encontramos, que yo te dije que siempre estoy cerca de ti. Hoy como es Dia de Navidad y a ti no te gusta la Navidad, por eso no te felicité pero quería saber como estabas y veo que estuviste en el hospital. Tenías que haberme avisado porque con gusto te habría ido a ver y no sé porque siempre escribes que estás sola que ya me da rabia,porque eres tú la que quieres ser independiente y no dejas que te cuiden,por lo menos a mi no me dejaste cuidarte y ya no aspiro a que me dejes pero por lo menos no digas que estas sola cuando si estás es porque quieres.
    Te deseo que esa esperanza que dices tener en el nuevo año se cumpla y encuentras lo que deseas,que ya te dije alguna vez que creo que ni tú misma sabes lo que es.
    Aunque es meterme donde no me llaman, tu amigo del blog de Falabarato no te hizo justicia de lo guapa que eres en el video que te hizo y seguro que tu estás pensando igual porque no te quitó nunca mirando a la cámara y lo que mas enamora de ti es la manera que tienes de mirar, que te metes hasta dentro.
    Perdona mi atrevimiento,pero para una vez que escribo ya lo digo todo.

    Gústame

  5. Bos días amicus:
    “No hace justicia a…”
    En la independencia la soledad buscada…
    Suscribo las palabras tres comentarios atrás, posiblemente.
    Breves saludos
    Deica logo amicus…

    Gústame

  6. A nena no paraguas, que é unha muller moi sabia ela, diche algo importante, ti xa sabes que eu penso o mismiño.

    Ó mellor tiñas que dar un pasiño cara adiante e dicir, aquí estou eu, ¿quéresme? E sí che dín que non, a outra cousa, volvoreta.

    Esa soedade da que falas é moi cabrona, coñézoa ben.

    Ogallá que neste ano que vai entrar en ná, esa soeadade che abandoe para sempre.

    biquiños,

    Gústame

  7. O día de noite boa, pola tardiña, estiven vendo coa miña filla, os teus vídeos, gustáronlle moito. Tamén é unha forma de estar contigo aínda que estemos alonxadas no espacio real.

    biquiños

    Gústame

  8. Sabes o que pasa Nena do paraugas? que algunhas persoas sempre desexan o que non teñen: un xeito doado de ter motivos para non ser felices, cando tantas coroas de flores adornan o pelo…
    Chousa, pois se ti es o pesebre, eu a vaca! :-) grazas polas palabras… por todo.
    Grazas, Peke! foron agradables e, agora, uns días de vacacións! disfruta tí tamén das túas.
    Rubén, no entiendo bien, creo, lo de “no abrir el cofre para lo vulgar”. Me tienes en alta consideración, pero yo tengo mi parte vulgar y simplota, como todo el mundo, no?, si? :-) Un abrazo grande.
    Aura: son unha queixica, xa sabes tí, realmente non era para tanto; estou tratando de poñer a mirada no que teño, non no que me falta; querer ser feliz é a parte máis importante para logralo.
    Bertrand Russell, premio Nobel de Literatura, en “La conquista de la Felicidad”, que é autobiográfico, di que foi desgraciado de novo, pero feliz de vello… esa é a miña esperanza, que o aprendido me sirva de algo.
    Marisol: ti ben sabes que o sentimento de soedade vai coa propia persoa, ignorala, fuxir dela paréceme perder unha grande oportunidade de sentirse persoa, pero o que sí quero é sentirme viva, sana, e despois ir alternando a serenidade coa emoción :-)
    verdade que sí, Eueu?: benbenvida a falar neste blog, a ti non che preguntará coma a min “fálasme a min”?
    Antonio: gustoume que te animaras a escribir,pq me gusta saber quen dos meus coñecidos le o meu blog; pero tes o meu email e cando che apeteza escríbeme que, a min tamén me gustará saber como che vai. E moitas grazas polas túas palabras, ti sempre moi cabaleiro.
    Mari: se a bolsa do optimismo que sempre levas contigo che pesa moito, pásame un pouco a min, que che axudo a levala! :-) [a ver se desta volta polo meu eido nos da tempo a facer un brindis con cava polo Aninovo que virá]
    Raúl: nunca había oído lo de estornudar flores… es tan visual y poético…! me encantó :-)
    [tomo nota de tus palabras y verbos raulianos!
    Aldabra: estar coa túa filla vendo os meus entreteñementos paréceme unha maneira lindísima de estar xuntas na distancia… este ano conseguín que o Nadal non me esmagase, por iso tampouco mandei SMS e felicitacións, salvo para corresponder. Pero iso que dis, emocionoume, porque tí sí enches o teu mundo de Nadal.
    E, para rematar, un bico grande grande para Beato

    Gústame

  9. Parece que a cousa vai mellorando, alégrome. Non te sintas soa, non deixes que unha sensación de derrota te venza, virán tempos mellores,xa verás.
    Asi que desfruta da vida e desfruta destas festas todo o que poidas.
    Uhna morea de biquiños, por si axudan!!!

    Gústame

  10. El otoño, Zeltia, es del color de la piel de la castaña y del de la hoja de roble que yace por los suelos y es, además, la época más meigosa del año, que nos habla de la soledad desnuda y de otras melancolías.
    Pero yo, te mando un abrazo.

    Gústame

  11. Pois eu veño de ver o vídeo de Zeltia no blog tan enfeitizador de Falabarato.. O vídeo quedou moi xeitoso, fermosas imaxes, tan ben secuenciadas, coidada música, detalles que te prenden. Pero, vaia, dalgún xeito estou de acordo con Antonio, Zeltia é moito máis guapa do que se aprecia no vídeo; toda a viveza e o sentimento que lle abrolla nos ollos, e ese aire entre vulnerable e descarado, non quedan moi reflexados… Por certo, Zeltia, ¡queremos tacos e subidas de tono! (tamén).

    Gústame

  12. O máis importante é que estás ben, e rodeada de xente que te quere, diso non me cabe duda. Pero os sentimentos pasésanse sen dar tregua, (porque nós dámoslles moita forza). Por iso, non penses demasiado, valoremos o que temos, e pensa que os que estamos detrás da pantalla tamén te queremos.
    Que sexas feliz.
    moitos bicos.

    Gústame

  13. Non sabía que pasabas polo quirófano. Bueno, ando tan afastada de todo isto que non sabía nada de nada, pero alégrame saber que te estás recuperando.
    Unha aperta moi grande e, por si chega, parte desta calor que nos asoballa por este hemisferio

    Bicos

    Gústame

Deixar un comentario