Para este carecer nunca houvo palavras / só me foron entregues / conformidade e determinación / permanecer e ser / polas que fun irmá do fieito e da lontra / e o mundo interrompía as suas perguntas. Pilar Pallarés
Canto dura o horror por uns centos de mortos en riadas terremotos e tsunamis? Ou por esoutros que estoupan espallando as tripas polos mercados, salpicando de sangue as carrocerías dos coches? E polos mortos que se contan de un en un?. Eses mortiños calvos pola quimio, tan amarelos eles. Feliz Navidad, próspero año y felicidad. Feliz año, feliz año!. Sé boa anfitriona, que todos se divirtan, chin-chin, bebe cava ata encher os baleiros. Que lindo facer feliz. Aboian, coma as burbullas, os pensamentos que mancan, pero tí repite mantras interiores para escorrentalos.
E que chegue, por fin, o amencer. O primeiro do ano. O ano, ese espazo de doce meses durante o cal rexen os orzamentos de gastos e ingresos públicos. O ano, que en castelán sóalles a cu. E fixen a foto, como o ano pasado, antes de levalos a todos comer o chocolate con churros á feira de Betanzos, como manda a tradición.
Apetecíame hoxe escribir de inventarios e balances, pero saíu isto dos mortos e o resto, e non falei da carne trémula [non a de almodóvar], dos humores polisémicos, de cousas como a ira, o desexo, a resignación, a amizade amor e sucedáneos, os finximentos apoucados, o agradecimento, o medo. Nin dos novos propósitos [nunca de enmenda]
Pois si. É bonito facer feliz. Sobre todo se existe iso que se chama “quid pro quo”. Porque na tarfea de facer felices ás demais persoas, precísase que, de vez en cando se nos devolva ese puntiño de felicidade.
Bicos renovados. E adiante, que soamente soamente faltan 364 para o seguinte balance. E que pronto pasan!
GústameGústame
el primer amanecer del año no puede ser más prometedor. seguro vas a tener muchos motivos para seguir haciéndonos felices!
GústameGústame
Tras os desacougos, non hai mellor maneira de empezar o ano que cun bo chocolate quente, deses que quecen o corpo e renovan o espírito.
´Que teñas un 2012 recendente e que os invitados se convirtan nos teus anfitrións ;)
GústameGústame
Chocolate con churros para celebrar a entrada do ano é o mellor que se pode facer, e se é na feira de Betanzos, que mellor lugar para facelo!
Bicos
GústameGústame
A vida está chea de sabores que as veces se misturan armoniosamente, e outras deixan un regusto non moi agradable… E na Noitevella hai de todo…
Por certo, moitas veces me pregunté qué acaba sendo dos porquiños que “os da noite” mercan na feira de Betanzos…
GústameGústame
Qué bueno es hacer feliz…
Comparto contigo un chocolate bien caliente y deseo que este 20
12, sea un buen trayecto para soñar.
Un beso
GústameGústame
Fala do que queiras que nós escoitámoste.
Feliz ano!!!!
Bicos!!!
GústameGústame
Al leerte me vino ese mismo estado de ánimo que me produce el recordar el poema de Álvaro Mutis que aquí te dejo :
Casi al amanecer, el mar morado, llanto de las adormideras, roca viva, pasto a las luces del alba, triste sabana que recoge entre asombros la mugre del mundo. Casi al amanecer, en playas de pizarra y agudos caracoles y cortantes corolas, batallas hubo, grandes guerras mudas dejaron sus huellas. Se trataba, por fin, del amor y sus hirientes hojas, nada nuevo. Batallas hubo a orillas del mar que rebota ciego y desordenado, como un reptil preso en los cristales del alba. Cenizas del amor en los altares del mundo, nada nuevo.
Bicos
GústameGústame
Vaia, de saber que convidabas a chocolate e churros, teríame apuntado!
Que boa idea a dos mantras interiores! Ti si que sabes, Zeltia.
Quedouche un balance-inventario completiño de contidos, non sei se rematado… Pero tes todo o resto do ano para enchelo. Parafraseando a Raposo: Ti escribe o que queiras que nós lémoste:-)
Unha apertiña de ano novo.
GústameGústame
Preciosa dualidad Zeltia.
Y cada amanecer nos sopreponemos e intentamos hacer lo correcto y ser agradecidos; a pesar de las dudas, de las penas. Es una cuestión de supervivencia. Creo :)
Zeltia, gracias por cada buen deseo q me has enviado estos días. Te deseo un sorprendente año 2012 y una muy feliz vida.
Besote
GústameGústame
Ás veces un sente moita rabia nestas datas, mais hai que tirar para adiante. E moitas veces, é mellor optar por sufrila en silencio para non ter que dar moitas explicacións. Mais eu sentín algo moi semellante, e hai momentos nos que as luces do Nadal me molestan, incomodan ou non sei, pero resúltame un tempo ben triste, para que pase pronto. É un mes no que tamén sinto o medo achegarse. Apertas e feliz 2012, porque a rabia non impide os mellores desexos.
GústameGústame
Grazas Zeltia. Por todo.
Bicos!!
GústameGústame
Que non todo é malo! pero sí abonda o outro lado oscuro, a tristura, o horror das mortes,…todo iso do que falas. Pero hai que ir para diante, volver a mirar o horizonte, ter esperanza, senón, qué sería de nós?
moitos bicos e un ano tranquilo.
GústameGústame
No se el motivo con exactitud. Pero me siento optimista. Este cumpleaños, estas fiestas de fin de año no tuvieron la virtud de deprimirme. Tampoco me siento sola, ni acongojada y ni siquiera la sombra de los pagos que se avecinan este mes han logrado inquietar mi sueño.
¿Los muertos?
Esos ya están callados. Ni protestan, ni ríen, ni lloran… espero que tampoco sufran.
La frase de cajón: FELIZ AÑO NUEVO
(a ver cuánto tardamos en echarlo a perder)
GústameGústame
Pois si, mira que as veces hai que se conter… a casa cheiña de xente, os pequenos que non paran de correr de aqui para aló, (e de berrar tamen) os cuñados/as preparados para compartir mesa e lucirse o mellor que poden, a sogra, que non para de poñer viandas na mesa e ti que xa non sabes a que atender…. dan ganas en canto abres a porta de dar a volta e non parar de correr ata chegar A Cañiza polo menos…
Pero… no fondo, despois de tanto rebumbio pasalo ben…
Dame mágoa non ir a tomar ise saboroso chocolate con churros, quedame un chisco lonxe, pero seguro que merecia ben a pena :)
Feliz Ano!!!
e
Bicos!!!
GústameGústame
;-D´
GústameGústame
Este año parece ser que los amaneceres serán más tristes y duros que en años posteriores. Apretaremos fuerte la taza del desayuno para sentir el calor y con un tímido sorbo esperaremos ver tras el cristal de la ventana un halo de esperanza.
Abrazo e saúdo afectuoso!
GústameGústame
Aprender a vivir coas pantasmas, os mortos permanecen sempre… Pero pínchannos para que vivamos! Saúde e feliz ano!
GústameGústame
despois de todo o que comín en noite vella non me entraba nin un churro… e xa sei que dicilo así non soa moi ben pero é a verdade…
ademáis fai mil anos que non como churros… tamén xa fai tempo que non vou a betanzos…
e inevitable non facer balances e contar vivos e mortos.., todo se contaxia menos a fermosura… eso dí o refrán.
biquiños,
GústameGústame
Mentres fagamos balances e inventarios, todo ben, que son a proba de que que vivimos e estamos vivos.
Canto ao que me pide sobre as lecturas: creo que é como namorarse, surxe cando e como menos se espera, non vale buscalo nin forzar as cousas. Verá como o día menos pensado…
(Tamén é certo que me dá medo pensar que un día destes o feitizo desapareza)
GústameGústame