o espazo, o tempo

en español

Coa súa linguaxe pétrea falan as pedras do que viviron. Brúan, bisban, boquexan ou durmen a súa indiferencia ó sol.

[ca. 1930]

[Musitaban as pedras dos pendellos de A Golada a súa historia, pero eu descoñecía o idioma; escoitaba laios lonxanos que confundía co roce da brisa polos tellados.
(A próxima vez pedireille a
Busto de Agolada que me traduza)].


A foto fíxoa Vicente Risco [“cando Risco era alguén”, como dixo Castelao]. Atopeina no blog Aquam Latam, onde explica que corresponde ó Paseo da Parranda, e fala da desafortunada decisión de derrubar en troques de restaurar; do romanticismo da arquitectura sin arquitectos e a plasticidade do lugar.

Aquí fotos de 1960 do fotógrafo vigués Manuel Novoa Rodríguez.

E este precioso vídeo dos pendellos na actualidade feito por xdafonte

Advertisements

19 thoughts on “o espazo, o tempo

  1. Derrubar… Só muros que separen.

    Bicos.

    P.D.: O que ves na foto do meu post é unha cala negra, tamén chamada zantedeschia ou lirio de agua. En xeral, as negras teñen as espatas (ou flores) de cor granate moi escuro ou mourada, case negra.

    Gústame

    • ó ver a foto no teu blog, dudei se era así a súa cor natural ou tíñaslle feito algún efecto á foto… Nunca vin calas desa cor, bueno, de ningunha, quitando as brancas! -e amarelas, pero nas floristerías-
      Xulgando pola túa última entrada, e o manexo do vocabulario que levas :) debes ser toda unha entendida!. A mín gústanme as flores, pero a miña creatividade como xardiñeira veuse truncada ó ter que adaptarme ós pisos polos que andiven vivindo; non todos tiñan boa orientación, nin luz axeitada. Ademais que a xardiñería de macetas de interior e algo así coma facer deporte vendo a tele.
      As prantas… nos xardíns.

      Gústame

      • Non che é tal o entendemento. Só que son unha proxección de miña nai respecto das flores e teño moita curiosidade… E a rede esta fai milagres!
        Vou polas florerías buscando rarezas, que hoxendía hai moitas e o que máis me impactou foron as zantedeschias negras, que coido con moito mimo. Este ano non foron moi prolíficas, pero agardo que o próximo, Natura me bote unha man.

        E se atopase rosas negras, ata buscaría o xeito de sacalas adiante. A negra é a miña cor. Perdón, as miñas cores son amarela e negra. Fascínanme! Combinadas coa branca.

        Gústame

  2. Me encantan las fotos antiguas, el blanco y negro tiene una magia especial.
    Si además la hizo Vicente Risco tiene doble valor.

    La Fundación Barrie de A Coruña tiene ahora mismo una exposición en b/n sobre cuando nuestros paisanos emigraban en los años 60. Si tienes ocasión, no te la pierdas, tiene muchos momentos emotivos e importantes de conocer.

    un biquiño

    Gústame

    • Grazas Fabrisa, (lera nalgures que a había, e pensei ir, pero xa me esquecera!). A exposición ten que ser moi interesante, non sei dende o punto de vista artístico, nin me importa, porque xa, só como documento histórico ten o seu valor. Houbo na miña familia neses anos quén embarcou… para tardar vinte anos en volver… e de vacacións! Así que moitas das bágoas que quedaron no porto deitadas por algunhas persoas, nunca se trocaron por sorrisos de benvida…

      Gústame

  3. Demasiadas présas neste mundo que nos leva ás carreiras. Xa non paramos escoitar as pedras e os pendellos… Ah!!! xa non hai raparigos choutando e berrando ao carón deles.
    Pasa o tempo… arrasador (que diría Paci Ibañez) ;)
    un bico

    Gústame

  4. Preciosa entrada zeltia… demasiadas cousas caen neste mundo por si soas…. para derrubar as que quedan aínda en pé. Razón leva a nena do paraugas dicindo que derrubar só muros que separen.
    Beijinhos dende a outra punta da Coruña!

    Gústame

  5. Quedaronseme os ollos enredados na fotografia :)

    E que derribar, as veces e mais sinxelo… para aqueles que queren facer despois o que lle peta.

    Biquiños

    Gústame

  6. Hoje som só história do que um dia foi a cultura, economia e tradiçons galegas… Essa cultura que se perde ao ritmo do som dos autocarros polas estradas e das músicas do corredor dos supermercado… História ao fim, mas nossa. Hai que desejar que os cambios nom destruam senom que nos fagam própios!

    Um abraço!

    Gústame

  7. La postmodernidad solo entiende de presentes efímeros. A la memoria se la considera un lastre. Nos queda reconstruir interiores a partir de las fotografías y algunas narraciones.

    Un abrazo, Zeltia.

    ( A tu pregunta sobre cielos, te contesto en mi blog)

    Gústame

  8. Grazas Zeltia, por esta entrada. Outra vez que pases pregunta por min e servireiche de guía. Os Pendellos teñen encantos de seu, mais cando se revisten coa palabra da historia cobran un significado máis profundo.
    Ben viches que o recinto está en proceso de restauración. O día 12 estiveron aquí o Conselleiro de Cultura para coñecelos (aínda é bastante recente no cargo) e o Presidente da Deputación de Pontevedra. Os dous están decididos a completar a restauración do que aínda nos queda, que é bastante. E esa restauración íntegra inclúe case a totalidade do Paseo da Parranda, que era a rúa máis fermosa. Esperemos vela algún día recuperada e que se volva usar como antano, para feiras, exposicións e outros eventos.
    Apertas e novamente grazas polo interese e a difusión.

    Gústame

  9. Ese lugar é especial.
    Hai dous anos ( o tempo voa ) houbo unha reunión de blogueiros alí e coñecín en persoa a muitos blogueiros como Manolo Busto, Chousa da Alcandra, Cuspe de pita, Ángel Utrera e máis.
    Foi un día especial nos pendellos con música, con intervencións dos blogueiros ( aínda tatexo dende aquel día), xantar e camiñada polo sobreiral do Arnego.

    Gústame

    • Hola Carol, cuanto tiempo. Veo que estuviste en el campo, también mirando estrellas (la “lluvia” de estrellas la noche de las perseidas, qúizás?)
      :)
      Y sí, las piedras hablan, pero si sabes unpoco de historia quizá comprendas mejor el idioma

      Bicos

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s