o espazo, o tempo

en español

Coa súa linguaxe pétrea falan as pedras do que viviron. Brúan, bisban, boquexan ou durmen a súa indiferencia ó sol.

[ca. 1930]

[Musitaban as pedras dos pendellos de A Golada a súa historia, pero eu descoñecía o idioma; escoitaba laios lonxanos que confundía co roce da brisa polos tellados.
(A próxima vez pedireille a
Busto de Agolada que me traduza)].


A foto fíxoa Vicente Risco [“cando Risco era alguén”, como dixo Castelao]. Atopeina no blog Aquam Latam, onde explica que corresponde ó Paseo da Parranda, e fala da desafortunada decisión de derrubar en troques de restaurar; do romanticismo da arquitectura sin arquitectos e a plasticidade do lugar.

Aquí fotos de 1960 do fotógrafo vigués Manuel Novoa Rodríguez.

E este precioso vídeo dos pendellos na actualidade feito por xdafonte