
A praia do Orzán hoxe ás 15:30, posando para o meu teléfono. [ Malia ser unha praia urbana, igual ten mareas, algas, ole e pódese escoitar o son cadencioso das ondas.
saín do traballo
e bateume na cara o cheiro a mar.
o ar era sal,
era argazo
era a toalla mollada
os pés de area.
era
cuando calienta el sol aquí en la playa,
siento tu cuerpo vibrar cerca de mi.
era,
cando cambiaban as cores
a technicolor.
que bella imagen!
un besito
GústameGústame
Eu sempre dixen que de non poder vivir aquí, neste meu recanto de interior, no que se mestura o arume da herba cortada cos chíos dos paxaros, me gustaría erguerme á mañá e que me dese na cara a airexa de Orzán.
Biquiños.
GústameGústame
pero que graciosiñá que és, Zeltia pero que ben “tentendo”… je je je.
é unha sorte que teñades unha praia tan cerquiña aínda que seña pija (sí o dís ti así será) para tomar o sol calquera día, un pouquiño para ir tomando cor.
biquiños,.
GústameGústame
Gústame o olor do mar no verán, nas primeiras horas do día, cando podes pasear pola praia tranquilamente, cando aínda só ole a mar. Despois cando a area está cuberta de corpos humanos, xa prefiro o campo e os ruídos da natureza.
Bicos
GústameGústame
la playa posando para tu teléfono móvil, no? en plan coqueto. me ha encantao.
GústameGústame
Gústanme as túas verbas aínda que sexan en branco e negro.
GústameGústame
Gústame esta Zeltia optimista, en technicolor no mes de abril…
Bicos
GústameGústame
Nas praias pijas o sol pica máis? Haberá que levar unha crema con factor de protección máis alto?. (Nesa haberá que levar ata navalla, que chamándolle “matadero”…sabedios con quén te podes atopar na area)
Ti ves un magnífico mar i eu unha espléndida montaña. A Galicia azul e maila verde. Témolo todo, carallo!
Bicos
GústameGústame
Non te imaxinas canto escapo eu das praias urbanas, e das praias cheas de xente…
Pero non te imaxinas canto daria por poder ver o mar todolos dias, e sentir ese cheiro en calqueira epoca do ano. Sigo dicindo que nacin no interior por error…
Adoro o mar dun xeito moi especial :)
Biquiños querida Zeltia, e graciñas por esta imaxe que me trouxo o recordo dese arrecendo mariñeiro que tanto me gusta :)
GústameGústame
Cuando se sale de trabajar hasta un mal aire te reconforta
GústameGústame
Inspiradora vista al salir del curro. Yo veo vacas y un lago. Las vacas no me caen bien. El lago no arrecende, pero cambia de color…
GústameGústame
Sabe que no Orzán vin por primeira vez o mar? Tiña 7 anos e aínda o lembro (xuro que o lembro)
http://recomezando.blogspot.com/2009/02/orzan.html
GústameGústame
Es que hay aromas que invitan a la vida,y el del mar es uno de ellos.
Abrazo e saúdo afectuoso!
GústameGústame
Muller, e logo os pijos non temos dereito a gozar dunha praia con mareas, algas e ondas cadensssiosas?
[Non sei se non se me estará volvendo vostede unha clasista…]
GústameGústame
Espuma, salitre y arena…
… y atardeceres en playas de poniente.
Mmm…
GústameGústame
Bos días amicus:
Carallo,pra por os dentes longos!.
Qué ledicia ter un “taléfano” con praia incorporada,pixa,fedentas algas de mareas de xentes urbans e [hall to,dependenc de service,room du toilet,etc] ademais pódese chamar e quitar bonitas daguerres coma isas; non será un Motor-ola?.
Agora sen caralladas. Unha ledicia que alguén coma ti ensine a antesala dos vindeiros meses e fágase na boca auga que soborde polos beizos coma un regato vai cara ao mar.
A cantiga é che unha marabilla coma a canta Nancy Sinatra…quítome o chapeu sabendo coma sabes cal é a música que eu escoito. A escoitei mais de sete veces e pódese dicir que outros moitos de tanta pompa non che son capaces de interpretala coma ela.Fai moitísimos anos que xa non lembrábame da N.S., caralludamente boa. Pónlleme os pelos de punta e a pel broncéalleme soa.
Agradecido.
Unha longa aperta, un anaco de bico.
Deica logo amicus.
GústameGústame
Parece que Chousa e Caravaggio moita retranca! (se fose algo clasista se cadra tiña os meus motivos)
e Beato jaja non é motor-ola
Y Raúl y Rubén también, también mucho cachondeíllo
e Merce moi agradecida ;-)
e Xan con boa memoria ;-)
e Wendy coas suas vacas e lagos, vaia vaia tí non tes praia
En fin, da gusto leer estos comentarios antes de ir a dormir, y ver el buen humor.
Sweet dreams para todos, queridos e queridiñas
GústameGústame
O mar é fermoso.
Debería estar proibido vivir sen vistas ao mar.
GústameGústame
Cantas horas sentada ne rocha desta praia. Esa que antes era inmensa e había que trepala e agora simplemente sobresae ás veces. Cantas tardes de pensamentos no horizonte, enredados nos petroleiros que querían chegar, e algunha vez ficar ancorado. cantos sentimentos aí gardados!!
GústameGústame
Si, é xa o tempo de…”¡Vamos a la playa calienta el sol!” Pero tamén xa sabes aquelo que din: Ata o corenta de maio non te quite-lo saio”. Mentras tanto, podemos cheirar o mar e mollar os pés, que é un anticipo do vindeiro.
Unha aperta
GústameGústame
· Los Hermanos Rigual debieran pasarse por este post… al menos, en un ‘vidrio’. La Nancy no me gusta si no es con unas botas que sirvan para caminar.
· bicos
CR & LMA
________________________________
·
GústameGústame