se envellecemos xuntos [videopoema]

O poema: Xulio L. Valcárcel. Recita: Xosé Fuentes.

Se envellecemos xuntos
e desfago a madeixa dos meus días
ao teu lado
fareime confidente
do teu camiño sen pegadas,
do teu canto e do teu ánimo.                              Xulio L. Valcárcel

recital poético: avilés de taramancos

A onde vas, amor? Duras entrañas / vas encontrar no que antes foron rosas ,/ duro eslabón e pederneira dura / no que antes fora mol, pois foi a vida / endurecendo as vértebras do canto / e cortándolle as azas á ternura / de tanto me ferir /. (…)

Última fuxida a Harar

B.B. King e Rosalía Castro

Unha vez tiven un cravo [recita Estíbaliz Espinosa].

The thrill is gone: a emoción foise, di este blues.

E xunto coa saudable sensación de terse liberado dun influxo, dun encantamento, queda tamén un baleiro: onde estaba a emoción, hai un oco. Para fuxir dese vacío alimento eu as miñas emocións, que non esvaezan -aínda que ás veces manquen-, porque cando se dilúen quédame o corazón frío, o corpo escarchado. E eu quixera estar sempre derretida.

a estación [videoclip]

Moita xente dorme no tren á Coruña, porque ninguén se pasa de estación. Aquí remata a vía.
Luisa Villalta, unha poeta cascarilleira, titulou así un dos seus poemas: Estación, que é como lle chamamos nós, non só ao recinto, se non tamén a todo o barrio [onde vives? na Estación].

Onde nós nunca pasan os trens Só chegan ou parten Por iso tamén somos nós a nosa última estación o noso amor definitivo Seguir lendo

olfato en technicolor

A praia do Orzán hoxe ás 15:30, posando para o meu teléfono. [ Malia ser unha praia urbana, igual ten mareas, algas, ole e pódese escoitar o son cadencioso das ondas.

saín do traballo
e bateume na cara o cheiro a mar.

o ar era sal,
era argazo
era a toalla mollada
os pés de area.
era
cuando calienta el sol aquí en la playa,
siento tu cuerpo vibrar cerca de mi
.
era,
cando cambiaban as cores
a technicolor.

desexo

apuliñar
polo valado
descubrir
o interior.

que desapareza o fascínio
no reino das glicinias.



Seguir lendo