horizontes

respirei fondo, aliviada [sempre é salgado o ar na rúa rubine].
eran cantos de grilos o ruído dos coches?
recendo a glicinias os tubos de escape?
había arcos da vella* nas miñas pestanas.
 

Glicinias. Foto do blog de Alex Ghalpon

 

Liberada polo home da bata branca, fuxín feliz pola porta transparente. [non tiven que escoitar as palabras que reducen o horizonte]. 

o mellor que che poden dicir na vida non é
quérote,
se non “é benigno”
Woody Allen

port:arco-íris     cast: arco iris     ingl: rainbow     alem: Regenbogen

26 opinións sobre “horizontes

  1. He estado unos días fuera y he leído todas tus entradas juntas. Casi me alegro, así ya sé que el mal rato ha pasado. Me hace feliz saber que estás bien.

    Woody Allen es un sabio.

    Muchos muchos besos

    Gústame

  2. Saír ao ruído da rúa despois do silencio aséptico dunha clínica sempre é un alivio, sobre todo con boas noticias. Eu tamén me alegro moito, querida descoñecida. Gran cita de Woody Allen.

    Gústame

  3. Me alegro mucho de que no te pase nada.Además nos has regalado un escrito con altura poética.Las palabras no necesitan madurar cuando renacen de un pozo que nos mentía que estaba al revés que su fondo daba al cielo.
    Bicos

    Gústame

  4. : )

    Un bico guapa. Gustoume lembrar o ar que se respira sempre en Rubine…
    Eu non vexo máis que corvos, pero tamén son uns animaliños ben listos, con dereito a estar, e graznar ¡estou aquí!
    Xa haberá tempo de sufrir, se ten que ser….. Agora toca respirar o ar aínda respirable, e disfrutar da vida e da diversidade….

    Gústame

  5. Ten que ser unha gran ledicia ter novas así. Sei dalgún caso. Nada, a vivir a vida e xa sabes, para o ano, concretamos as cervexas con tempo no Corpus, de feito xa case que quedamos hoxe para non esquecernos.
    Bicos

    Gústame

  6. Bicos de glicinia, alegres de saber que estás ben. Alegres de que escolleras unha mirada miña para ilustrar esta entrada túa, tan alegre para ti e tan alegre para todos nós.

    Gústame

  7. Todos os comentarios deste post me fixeron sentir agradecida,
    miro os vosos nicks á beira das vosas palabras e nótome sorrindo. Grazas, de verdade, por alegrarvos conmigo.
    :D
    :D
    :D

    Gústame

  8. ¿Qué ha pasado Zeltia? Como sabes he estado en un mini-viaje y he vuelto algo despistado. No me he leído todas las entradas pendientes, pero por la última y los comentarios, algo ha ocurrido. A ver si me armo de paciencia y me pongo al día. De todas formas, me alegra que eso no haya sido nada. Nos gusta tenerte por aquí.
    Besos desde Brno.

    Gústame

Deixar un comentario