Ribeira Sacra ou Rivoyra Sacrata?

Preparo estas pequenas vacacións, a menos de tres horas da Coruña en coche, con máis ilusión ca se fora ó Caribe. Uns poucos días por terras de frailes, de viños, de afiadores; de fragas; de  dolmes e castros; de rochas onde habitan as mouras das lendas.
Hei ver algún castelo que quedou da revolta irmandiña; muíños, pazos, pontes, cruceiros, igrexas románicas. Aldeas coma as de Rabacallos, Lumares, Vilarellos, Susaos, Vilachá. E camiñar por debaixo das corredoiras que fan os tellados de pizarra unidos entre sí na vila de Paradas dos Montes. Andarei polos sitios de Maria Castaña buscando o Piñeiro de Brollón. E polas terras de Lemos. O domingo estarei na feira da cereixa [gústanme as cereixas, co seu doce zume, vermellas, carnosas, sensuais] E tamén hei querer visitar algunha bodega tradicional para degustar os afamados viños da zona, despois de percorrer o Saviñao cos ollos saltando nos socalcos de Diomondi, tinxidos polas vides de godello e alvariño, de mencía, de garnacha… E en Sober, farei a ruta do viño de Amandi.

Ermida, en Sober. Foto de Xindilo, en Flickr

Quero comer troitas nos mesóns e merendeiros do río Cabe. Ir dende o mosteiro de Santo Estevo ó de Santa Cristina, de mirador en mirador, para abraiarme diante do Canón do Sil. E a San Pedro de Rochas, mirar como naceu do seo dunha rocha o mosteiro máis antigo de toda Galicia e case de toda Europa. Irei tomar licorcafé ó casco vello de Castro Caldelas, e as bicas e manteigados. Recreareime na lenda dos xacios de Marce, mentres contemplo dende a igrexa de San Andrés, empoleirada en Ribas de MIño, o chamado Cabo do Mundo. E irei cara a Chantada entre frondosos soutos e mestas carballeiras, co Miño encaixado entre as vides que soben polas ladeiras, para probar a variedade chantadina dos viños da Ribeira Sacra, pode que no mesmo barrio do Cantón… E despois, achegarme á ermida da nosa Dona do Faro, da que se fala no século XIII, naquela cantiga de amigo do trobador Xoán de Requeixo, [Fui eu, madre, en romería / a Faro con meu amigo / e veño del namorada / por canto falou comigo / ca mi xurou que morría / por mi, tan ben me quería! ] E dende o cumio do monte Faro, poderei ver outros montes, cercanos coma o Farelo, ou lonxanos, coma o Pico Sagro [preto do meu berce] e saudareinos, movendo o pano. 
Advertisements

24 thoughts on “Ribeira Sacra ou Rivoyra Sacrata?

  1. Ha-lo passar bem pola ribeira sacra, e seguro que queres quedar e todo!! :D Eu para fazer por a minha terra recomendoche que nom deixes de ver o románico de Pantom se tes tempo (como o mosteiro de Eiré ou a igreja prerrománica de Atam).

    Passa-o bem!

    Gústame

  2. Dasme envexa(pero como tamén eu marcho en xullo) xa se me fai a boca viño. Que disfrutes da paixaxe, do ritmo, do paladar, de……. Biquiños

    Gústame

  3. Tes un Plan de vacacións perfecto se acaso falta unha parada en Monforte de Lemos, unha cidade preciosa, das máis fermosas de Galiza e coñecida máis por ser un nó ferroviario que polos monumentos que atesoura: Mosteiro de San Vicente do Pino, Mosteiro dos escolapios, Museo de arte sacra dás Clarisas, rúas nas que o tempo parece deterse . O río Cabe recitando versos na ponte vella antes de ser embebido polo Sil, etc. O Río e o tren asomando en cada esquina

    Gústame

  4. Se tes tempo, non deixes de visitar a fervenza de Auga Caída. E xa de volta, se queredes comer perto de Chantada paro non no cantón, podedes tentalo en Pincelo que hai unha casiña moi xeitosa onde che fan a comida coma se da túa nai se tratase. Ademais teñen viño ecolóxico.
    As cereixas dou fe que estaban deliciosas, pero agora coa auga botáronse a perder.
    Se segues o luns por aí ao mellor ata nos vemos ;)
    Déixate perder no Cabo do Mundo e tece alí o soño máis fermoso!!! (esperamos ver as fotos polo flickr)

    Gústame

  5. Serán mini-vacacións, pero menudo plan que levas, non sei se serás capaz de ver todo o que te propós. A disfrutalas, que a nosa terra non ten nada que envexar ó Caribe.

    E se é por envexa, a min xa ma meteches. Non haberá un sitio para min? Hai quen di que se apunta aínda que sexa no maleteiro, case mellor ponlle un remolque ó coche e vamos todos, festa non había faltar.

    Xa contarás como foi. Bicos

    Gústame

  6. paréceme un plan fantástico, de seguro que o has pasar ben.

    eu coeñeco un pouquiño a Ribeira Sacra, fun con Congo hai uns anos, só un par de días, para votarlle unha ollada rapidiña ó Sil, a Castro Caldelas, Monforte… pero a Ribeira da para voltar unha e outra vez.

    biquiños,

    Gústame

  7. Lo mejor de los viajes son los preparativos.Superan con creces la posible aventura del viaje mismo.Después de esa exposicion yo me hubiera quedado en casa con el tiempecito que hemos tenido.
    Bicos

    Gústame

  8. Pois desfruta das vacacións que a zona é ben fermosa.
    A capela da foto é a Capela de San Mauro que está xunto o mirador da Pena do Castelo, en Doade. Recoméndoche que te achegues, ten unhas vistas preciosas.
    Apertas.

    Gústame

  9. Grazas Raposo polo apunte -non lle cadrou estar alí, ainda que andiven por Sober-,
    e a todos polas vosas suxerencias (Xenevra a parte de Chantada quedou Plantata alí, tocaralle outra vez)… como dixo Raiz Verde pegábame gana de quedar alí, e moito moito o que queres ver e o tempo pasa rápido se queres difrutar de vagar dos silenzos dos espazos, falar coa xente, comer e beber, e esas carreteriñas entre os bosques cara as aldeas alonxadas das carreteras boas levan moito tempo ainda que sexa un pracer ir disfrutando amodiño da paisaxe… total: que teño que voltar! esa é a conclusión.

    :-)

    Encantoume chegar ó blog e atopar todos estes vosos comentarios; un gusto ver cada un dos vosos nicks pendurados del, formando parte xa do seu contido.
    Bicos para todos vós, un por un:
    Raposo, paideleo, Kaplan, seymur, Ñoco le Bolo, Rubén, Aldabra, Wendy, Carlos Sousa, Artabria, A nena do paraugas, Ni está ni se le espera, Susana moo, Xenevra, Carol, Xan, Maribel-bel, Meliña, Antonio, Raúl e Raíz Verde!

    Gústame

  10. uffff deixachesme abraiada…

    nunca mellor descripcion vira de todo o que viches. Conozco case todo, son os meus sitios favoritos (sobre todo San Pedro de Rocas), ai! que ricas as bicas… mmmm

    sigo abraiada… jajajaja

    bicos

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s