a influencia daquela lámina do misal

De pequena alguén me regalou un “misal” no que había unha lámina que representaba o inferno. Nela podíanse ver milleiros de serpes que se enroscaban nos membros dos condenados, entrábanlle pola boca, saíanlle polos ollos.
Esta foto dun tal marra levoume de súpeto ao banco da fría igrexa, á manciña que sostén o misal, a aquela atmósfera, ao meu medo ás serpes.

Fotografía de Xosé Marra

todo o que non se di

– Ola. Chamaba para ver como che vai…
– Pois ben. E a tí, que tal?
– Ben, tamén.

berros

brigadista en un incendio

Foto de Pedro Armestre, gañador da 2ª edición do Certame “A imaxe de Galicia”

Na TVGA e nos xornais dixeron que Dornelas estaba ardendo. O lume achegándose ás casas. E eu aquí, lonxe.

Imaxino a tarde espida. O zunido dos insectos, os merlos cantando, as figueiras. E, nesa paz limpa, de súpeto, o medo:
20 hectáreas de bosque arrasado. Sinto o estalido das pólas, que son os berros das árbores. Vexo as criaturas que viven no segredo íntimo das fragas, fuxindo. morrendo.

Enlace ao video da TVGA:

no futuro

Terminarei indo ao parque, a compartir coas putas palomas ——–a s   m i g a l l a s            do meu pique-nique?

Foto de Luis González en Flickr

loneliness

tanto escaparche, soidade.
pois aquí me tes.

e agora, que?

zipildac na galería de flickr

blackberry

fotografía da galería de jorge trasmonte en flickr

no meu iogur de amoras
achei unha
—————–das que tí colliches, meu amor,
 

[de pequeno, nas silveiras].

 

para tí, polo acaso, porque si.


Onte díxenche que che ía dedicar este post. Leva a dedicatoria que me puxo a min pedro, porque me gustou moito.[espero que tamén se che poña a pel de ourizo]