efecto tetris

a traducción (en sin pena ni gloria) 
 
Tetris

Boxed In

 A cada emoción nova [peza do noso Tetris interno], hai que buscarlle o sitio axeitado para acomodala coas pezas que xa temos, procurando á vez que fique ben situada para non entorpecer a colocación das vindeiras.  Hai veces que algunha peciña nos queda fóra de sitio e iso pode atrancar o paso das outras, ocasionando un rebumbio tétrico-emocional; neses casos compre ter a destreza e rapidez necesarias para reparar os danos e que o conxunto quede arranxado o máis pronto posible [non resulta doado con tantas figuriñas de diferentes cores baixando á vez, e menos tendo o Tetris nun nivel emocionalmente alto], por iso cando algunha peza me descadra i eu, con habilidade, viro e movo figuriñas arranxando a desfeita interior, síntome compracida. 

[É así sempre na vida, coma xogando ó Tetris: as pezas só deixan de baixar cando a partida remata]

A fotografía é de Bakonawano Flickr     
 
O Tetris foi un dos xogos máis populares na década dos 80 e 90 e pasou á categoría de mito na historia dos videoxogos. Saíronlle clones do máis variado, incluíndo versión porno, con música, etc. Nalgunhas versións danche menos dun segundo para rotar e mover as pezas antes de encaixalas.

14 opinións sobre “efecto tetris

  1. hace sólo unos día un tipo batió el récord jugando al “asteroids” ese juego clásico que consistía en romper rocas espaciales que acechaban a tu nave espacial (un tríangulo en medio de la pantalla, vamos). 72 horas estuvo jugando el hombre sin descanso para conseguir la máxima puntuación. pretender la constante tétrica/tántrica perfección encajatoria-vital es muy deseable, sí, pero da la misma pereza!!

    Gústame

  2. Fai unha porrada de anos, pegáballe ben ó Tetris. Que ben se me daba encaixar as peciñas, ata soñaba con elas ás veces. No de ordenar emocións, me parece que xa non lle pego tan ben. O problema virá cando se acabe a partida, malo, malo…

    Gústame

  3. Eu tamén xoguei ao Tetris. E aínda xogo. Ás veces non me encaixan algunhas pezas e o que fago con elas é afastalas un pouco, ata que vexa claro cal é o lugar que teñen que ocupar. Mentres, outras van descendendo, pero nunca ocupan o oco das afastadas, de maneira que no meu puzle, hai ocos baleiros, agardando que as pezas que non encaixaron, encaixen.
    Creo que pouco a pouco vou conseguindo que o fundamental estea no seu lugar e que o ata certo punto superfluo, teña a paciencia suficiente para facerse co seu espazo, posto que todo neste complicado Tetris que foi, é e será sempre a vida, tódalas pezas acaban por ter un lugar.

    Bicos pacientes, con pezas que algún día encaixarán. E se non o fan, será porque non fan parte do xogo e, de ser así, mellor que sigan fóra del.
    Máis bicos.

    Gústame

  4. Cuesta bastante hacer huecos a medida para las emociones nuevas.Pero todo cabe dentro y si abriéramos el almario el tetris sería un revoltijo, sería como una orgía que parece que todo esta desordenado pero cada uno en su sitio.
    Bicos

    Gústame

    • É un punto de vista interesante, que da para reflexionar.
      Máis cando se trata do Tetris non hay pezas mestras que conservar, unicamente hay que encaixar cada unha no sitio que lle vai ben, porque se non fórmase o caos en segundos, e remátase a partida.
      No tetris emocional tamén hai que coidar que unhas pezas non ocupen o lugar doutras, porque eses pequenos -ou grandes- desaxustes, desequilibrannos emocionalmente e conducen a decisións erróneas, ou á infelicidade.
      De todas maneiras, non son máis ca metáforas, e de seguro que desenrolando a túa un chisco máis había de dar moito de sí.

      Gústame

  5. a verdade é que fixeches unha comparación moi axeitada… quedeime tétrico-emocionada ó leer o teu texto.
    ¡que gusto cando todo encaxa!
    ¡pero que desfeita cando non dan encaixado as pezas, verdade!

    as emocións son o demo.

    biquiños,

    Gústame

  6. Puede ser un buen juego donde demostrar que se está adaptado en breve para adaptarse a lo que venga. Pero, generalmente, ha de aceptarse las cosas sin la posibilidad de moverse. Es más, muchos lo aceptamos así, sin movernos. Da igual. Ya nos movemos por dentro. Los más jóvenes piensan que han de moverse, yo ya estoy muy perezoso.
    Bicos, Zeltia.

    Gústame

    • De moverse por dentro se trata, Lan, de moverse por dentro.
      :-)
      he visto tu post de alegrías del agua, pero me quedé sin palabras. creo que creer es la primera cosa para conseguirlo. (y yo con tan poca fe y de mala calidad!)

      Gústame

  7. Totalmente de acuerdo contigo, Zeltia. Las emociones, y la vida en general, es como el Tetrix: las piezas aparecen sin saber cuáles son ni cómo y las tienes que encajar. Así es la vida: te pone delante las emociones y las situaciones sin avisar, y las tienes que encajar…aunque a veces dejes huecos entre una pieza y otra, como en el Tetrix.
    Por cierto, fue el primer juego que tuvo más éxito entre chicas que entre chicos, en una época en que las chicas no eran que digamos, fans de los videojuegos (años más tarde aparecieron los Simms y similares, de mucho éxito entre las féminas).
    Besos
    P.D.: nueva entrada “Mariánské údolí”, para que hagas un poco de turismo a través de mis ojos ;-)

    Gústame

    • mañana tempranito en el curro, cuando necesite ese café para quitarme las legañitas, me lo tomaré mientras leo tu excursión a los lagos, con calma, reposo y envidia.
      hasta mañana!

      Gústame

  8. He estado copada de emociones que no hacen línea para desaparecer. Tanto que los bloques han estado a punto de llegar a la parte mas alta.
    Luego, una bendita línea que desaparece, baja el nivel de estrés.

    Besotes

    Gústame

Deixar un comentario