as palabras 

Soporte do pensamento

[algo errático e vadío él, ou estancado, coma poza fonda;
lixeiro, cambiante, como brisa; denso e pegañento, como tea de araña;
labiríntico, como un barrio de tánger; sinxelo, como un corpo nú;
sereno, como lagoa apracible; inquietante, como ollos que axexen;
fúnebre e aciago, como treoada na noite; alegre, como minisaia florida;
quimérico e fantasioso, como os soños; real e cru, como un quirófano;
encendido, como paixón de seminarista; frío, indiferente, como a pedra]

 

non sempre escribimos [ou falamos] para comunicarnos. tamén o facemos para deixar saír os nosos pensamentos, atrapalos no mundo medido das palabras e así recoñecelos.

18 thoughts on “as palabras 

  1. Pensamento como oración, sintaxi do noso apetito de sentir, crear, almacenar, rebentar,fluír…buscando a estima sen arrogancia, á procura da empatía con outros pensamentos, tabla de salvación nosa. Preciosas cavilacións. Un saúdo.

  2. Alguem dijo, creio que era Bécquer, que valemos máis polo que calamos que polo que falamos. Ás vezes umha mirada, umha palavra inôcente, um silêncio que nom delata as ganhas de falar… ocultam desejos e sonhos insospeitados, paixóns reprimidas e requereprimidas. As verbas dam forma mas muitas vezes dam máis formas os silêncios.

    • Eu non son dese parecer, os silencios abranguen en exceso (ainda que as palabras moi pouco). Ambas cousas non son suficientes para configurar satisfactoriamente os pensamentos e moito menos para expresalos.
      (a miña opinión)

  3. A indiferenza e friaxe das pedras tamén che teñen o seu aquel: sustentan tellados e aportan cobixo. Así e todo eu – sin duda algunha- quédome coa “alegre, coma minisaia floreada”. Xa que imos cara a primavera…

    Bicos con palabras

    • xa estamos de pleno na primavera, non imos cara a ela! así que podes poñer a minisaia de flores cando queiras, que polo tempo que é, xa che acai. ;-)

      e concordo contigo no tocante ás pedras (cando digo o frío da pedra non falo da calidade (boa ou mala) da pedra, senon como cualidade (o seu ser)

  4. E el vai nacendo do pensamento despistado que enlea unha idea e outra dende o errático, vadíoa estancado, ata o frío e indeferente; iso si, pasando por unha chea de camiños como brisa, como teas de araña, como noite sen lúa…
    E el que cria nacer ordenado e a xeito vai atopar que é un cúmulo de sentimentos desmedidos, descomprimidos da semántica habitual ou da sintaxe tradicional. El é renovación da palabra.

  5. Eu aprendín unha verdade hai un par de anos: somos donos do noso silencio e escravos das nosas palabras. Así que se antes eu falaba pouco agora falo menos e non penso en alto. Que lle queres ?. Eu sonche así.

  6. As palabras dan forma aos sentimentos, á natureza, aos desexos e aos soños.
    Eu, sen palabras, non sei que sería. Aínda que non son de moitas, pois adoito estar caladiña (di miña nai que así estou máis guapa), preciso delas para, como ti dis, dar soporte aos meus pensamentos. Se non fose así, igual tiña a cabeza baleira e, para tela baleira, mellor cortala. Ben, hai quen a emprega para levar o chapeu!

    Saudiños.

  7. Hola, Zeltia!

    Claro que te conozco, no a ti personalmente pero sí a tu nick y sé que me has dejado comentarios en otras ocasiones. También yo te he visitado, aunque reconozco que en ocasiones me da pereza dejar comentarios en tu blog por tener que rellenar el formulario.

    En fin, que hoy, como seguro imaginas, vengo por tu comentario. Tienes la respuesta en mi blog.

    un biquiño

  8. Bonito.

    Las palabras son continentes imperfectos de contenido difíciles. Por eso es tan difícil la comunicación. Aunque en ellas, bien empleadas, cabe casi todo, no son infalibles ni completas, por eso nos apoyamos en la expresión no verbal de quien nos las dice, cuando las dice, y aún así…

    Aún no hemos inventado el sistema de comunicación perfecto y universal. Así nos va.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s