suficiente para calquera

anímasenos, deliberadamente, a despilfarrar a vida [iso sí é un crimen, e non a eutanasia] e para vivir, paradóxicamente, ímola malgastando doadamente sen decatarnos, como tén que ser.

acubillamos as nosas vidas perdidas noutras igual de perdidas [no colo da nai, entre as pernas de alguén].suficiente para calquera.
e se non atopamos acollida, sempre nos quedará o viño [e as ONGs].

Advertisements

20 thoughts on “suficiente para calquera

  1. Nin con viño nin entre as pernas de alguén penso que se malgaste a vida; aínda que en ámbolos dous casos se poida perder a noción do tempo.
    E non hai que conformarse con suficientes. Sempre hai que aspirar, polo menos, a un notable!

    Bicos de Antas

    Gústame

    • Chousa: ó dicir nos acubillamos noutras vidas quería dicir o que lle explico á nena do paraugas

      non me refiro a que acubillarse sea malgastar á vida: ó contrario; é o que nos sirve de envoltura protectora, e onde agochamos a mirada para non ver, o corazón para sobrevivir, o corpo ó quentiño para non notar o frío que debería xearnos a alma… se foramos quén de mirar CÓMO, realmente, malgastamos a nosa vida…

      e sí, con esas cousas que mencionamos (brazos, pernas -xa parece isto unha autopsia-)viño ou ONGs, ou calquera outros refuxios, adoitamos crer que a vida que levamos debería ser “suficiente para calquera”

      Gústame

  2. Din que quen pon a súa mira no “suficiente” corre o risco de non acadalo. Non é que eu a teña moito máis arriba. Confórme con que alguén me diga que todo está ben, por iso ás veces me quedo demasiado curta e merezo o suspenso.
    Levas razón; en certo modo, acubillamos aquí a vida que malgastamos noutras. Pero nin entre as pernas de alguén, nin no colo da nai se desgasta a vida. Ao contrario, aí vólvese forte e recupera a sinxeleza e inocencia da infancia e da xuventude. Do viño non digo nada. Hai unha semana estiven na feira do viño de Amandi, en Sober (Lugo) e abofé que o viño, ás veces, si desgasta vidas, acubilladas ou non.
    De todas formas, neste sistema hai algo que se escapa. Tal vez, este “anonimato”, non sempre real, que se nos permite nos leva a “malgastar” esa vida que debía quedar alí agochada, onde ninguén a tocase, para non despilfarrala.

    Gústame

    • vese que teño que practicar máis escribindo, non ser tan impulsiva e repasar, alomenos, para que se entenda o que eu quero dicir :-)

      pero tentarei aclaralo:

      1.- cando falo deste “sistema”, refírome o sistema capitalista neoliberal, esta tenda universal, onde se pode comprar e vender todo. mesmo a nosa vida que vendemos por moito menos que o plato de lentellas polo que vendeu a herdanza o gilipollas bíblico aquél

      2.- ó dicir que nos acubillamos noutras vidas igual de malgastadas ca nosa, non me refiro que acubillarse sea malgastar á vida: ó contrario; é o que nos sirve de envolutra protectora, e onde agochamos a mirada para non ver, o corazón para sobrevivir, o corpo ó quentiño para non notar o frío que debería xearnos a alma… se foramos quén de mirar CÓMO, realmente, malgastamos a nosa vida…

      e quén non teña conciencia diso, moito mellor para él/ela.

      Gústame

  3. Eu, que veño relaxada das vacacións de semana santa, só quedei no intre de ver a xente espallada e a procura de encher o día de momentos e fotos e vida e encontros e xeadas e…Penso, que a crisi está en nos mesmos. Non me fagas caso, ou sí…pero os luns vólvense sen misericordia. Nin Pascua nin olvido. Biquiños

    Gústame

  4. A resposta imaxinouna Jhon Lennon “A vida é aquelo que te vai sucedendo mentras te empeñas en facer outros plans”. Sempre pensamos en cousas que deixamos de facer como como me pasa a min, que remato as vacacions mañan.
    Un saúdo

    Gústame


  5. En ese sistema, tenemos cabida todos. Una bonita frase. Luego, no todos tienen el acceso a las pretendidas bondades del bonito sistema. Y así, se nos va yendo la vida pensando en que podemos cambiar el mundo.
    Pero siempre nos quedarán las ONGs… y alguna cosilla más.

    Bicos

    CristalRasgado & LaMiradaAusente
    ________________________________

    Gústame

  6. Cazadores de lo pasajero eterno.Viajeros solitarios por las calles de lo que somos.Estamos solos, pero alertas: Tenemos esa encrucijada de muslos, esa olla del amor, esa luz ámbar de la cerveza o rubí de sangre de racimo de uva( no hay crepúsculo que las iguale).Y todavía nos creemos esta hermosa mentira de la vida.
    Bicos,bicos.

    Gústame

  7. Dicen que el sistema capitalista es el menos malo de los sistemas posibles. No lo creo. No creo que un sistema que convierte a los ciudadanos en consumidores, un sistema en el que a la gran mayoría le preocupa más conseguir unas zapatillas Nike que mantener y mejorar los derechos sociales conseguidos con 200 años de lucha y sacrificio por parte de los trabajadores que nos precedieron. Ese sistema no puede ser “el menos malo”. Además los acontecimientos de los últimos años han demostrado que es totalmente ineficaz, que el progreso, la mejoría en la calidad de vida era pura ilusión creada por estupendos prestidigitadores. Ellos han perdido su prestigio, en el peor de los casos, pero la gran mayoría el esfuerzo del pasado se ha tornado inútil, y el futuro es más incierto que nunca. Todos hablan de cambiar el sistema, de un nuevo modelo, pero lo único que se ha hecho hasta ahora ha sido tapar los agujeros, para que no gotee más. La gran mayoría tendremos que seguir confiando en que mañana al despertarnos, la cosa no esté aún peor que hoy.
    Normalmente no suelo plasmar mis opiniones de esta manera, soy un poco más “frívolo”. Pero es que este tema me saca de mis casillas.
    Saludos y besos desde Brno.

    P.D.: nueva entrada, de tradiciones, como a ti te gusta jejeje

    Gústame

    • ya sabes que detrás de aparentes frívolos se escondían genialidades, hablo ahora de Oscar Wilde ;-)
      pero desde luego cuando expresas lo que sientes lo haces de una forma directa y contundente, muy clarita y apasionadamente. Me gusta verte así. Y me gustó lo que dijiste.
      Voy ahora mismito a ver “qué frivolidad” nos cuentas ;-)

      Gústame

    • grazas, raposo, advirtiumo tamén a doutora Seymour.
      a mesma frase daquela película…
      se o soubera tería escollido outro título, que tanto me tén. hai moitísimos que me valerían para expresar que falo, neste blog, conmigo mesma.

      o blog que ti dís, tén moito nivel de cine, e uns escritos intimistas que foi o que máis me gustou. xa lle deixei un saúdo por alí, e lle comento que non é plaxio, se non coincidencia…

      Gústame

  8. E aínda hai sucedáneos moito máis perigosos. Aí si que temos unha rara habelencia e verdadeiras moreas de “alternativas”. Somos así. Ou facémonos, será millor dicir.

    Gústame

  9. paréceme que este texto o escribiches nun momento ou día de moita rabia e dor por dentro… sinto ó leelo que estás desencantada e con ganas de rachar a vida.

    ¡a vida pode ser tan doce, zeltia!, fai tempo eu non o sabía.

    biquiños,

    Gústame

  10. Sí teño rabia en que son un recipiente de rabia, unha rabia con pernas!
    pero bueno, a ése subidón, normalmente despois síguelle un baixón, como adoita a pasar.
    E se non, como digo: sempre queda o viño. Acabo de chegar á casa, fun tomar uns viños cun amigo, e mira, falo e río, río e falo, e a vida xa parece con máis perspectivas que lle vía onte.

    Gústame

  11. A verdade é que si nos poñemos a pensar, un decatase da cantidades de horas días semáns e anos que despediciamos, por eso vai ser mellor non pensar ou pensar que algunha cousa boa tamén fixen neste tempo.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s