cita de outono [videoclip]

E foi que puxo os ollos na porta desta casa
e díxenlle:
feliz quen poida verte
de novo regresando
Manuel Forcadela

27 opinións sobre “cita de outono [videoclip]

  1. Qué exquisitez Zeltia!
    E parece imposible facelo mellor, pero tí consíguelo eh…. Supéraste, e moito! en cada traballo que fas…. Encantoume.
    Forcadela ou Paradela??
    Un poema precioso, e na túa voz suave, susurrada, é unha delicia para escoitar e ver.
    E logo xa ese blues… ese outono galego… Para quedarse a vivir.
    Namoras Zeltia.

    Non sabes cómo me gustaría que nos agasallaras un videoclip con cabalos, e paxaros, e mar, e bosques, e montañas, e para rematar unha imaxe das túas auroras…….. para o noso hit Libertario. Sería un plus de calidad impresionante.

    Gústame

    • Forcadela, muller, fóiseme a olla… teño que amañalo!.

      Da encarga… habitualmente non estou en contacto con cabalos… xa cando vin a suxerencia de Raúl o pensara; pero descarteino por esa dificultade.
      Pero estou plenty de satisfacción con esas palabras que me dedicas.

      Gústame

  2. vexo o comentario de Pítima e se me ocorre… ¿admites encargos de vídeos?… eu querería un de cans… cans correndo o andando en liberdade… cans perseguindo moscas no ar… cans olendo unha flor… cans saltando, lambendo a cara de algúen querido… cans paseando al ladiño do seu dono… cans durmindo no regazo dunha muller…

    ;-))

    Gústame

  3. Pois si que é todo moi fermoso: o enfoque, os lugares, a música, as imaxes…. e esa voz tan doce que nos fai levitar e pousarnos na armonía dos paisaxes, dos instantes…
    Parabéns Zeltia

    Gústame

  4. Te mereces mi aplauso y un abrazo grande. Emocionada estoy con esta entrada…y ese susurro, y esa voz que le habla en la intimidad a las sensaciones, al sentimiento…
    Bravo, Zeltia. Bravo!!!!!

    Gústame

  5. “Ferpeito”
    Quédome con iso de…”en doce meses”.
    Sen parolas. Fermosísmo, moito
    Voltaremos no aiga cando voltemos xa
    Coma o lume e as nubes e brétemas
    [Con isas paisaxes non me é raro]
    Pra botar foguetes e cogumelos
    R soñoros, e apts. :)

    Gústame

  6. Cada mes cuenta una historia distinta, mentira del siguiente. ¿Nada es verdad? Batallas perdidas .Mantillo de heridas en el suelo. La muerte y la vida durmiendo tan juntas en el mismo colchón. Es noviembre cuando los huesos te dejan sin silencio.

    Gústame

  7. E unha gozada o teu videoclip “cita de outono”. Non se che esquece nada: os castiñeiros, os carballos, os cogomelos, as castañas… E de facer un “magosto” na compaña de outras persoas. O fluír dos rios entre o arboredo, os vellos muíños e os saltos de auga, o camiñar maxestoso e balanceante das gansas…
    En fin, que o outono, é como sempre digo, unha estación marabillosa, chea de cor e beleza serena e cálida.
    Eencantaríame ter estado á túa beira nesa ocasión do Día dos Santos…
    Moitos bicos e unha aperta.

    Gústame

  8. Moitas grazas polos vosos comentarios todos tan xeitosiños… gústame escoitar cousas lindas, pero menos mal que teño outros críticos máis duros ca vós, que se non pensaría que xa non tiña nada que aprender :-)
    Un gusto compartir esta afición, unha sorte para min poder facelo.

    Gústame

Deixar un comentario