E foi que puxo os ollos na porta desta casa
e díxenlle:
feliz quen poida verte
de novo regresando
Manuel Forcadela
Arquivo por etiquetas: outono
o día da colleita
Gústame soñar que unha mañá de outubro abrirei a porta e todo o chan do xardín será unha enorme alfombra de crocus. Alguén me amará tanto que, sen eu saber, prantará centos de bulbos. Criaranse en segredo durante meses debaixo da herba verde e, un día, agromarán todos xuntos para me marabillar.
Chorarei tanto, tanto.
mensaxeiros do outono
Cando os días minguan os azafráns silvestres medran. Nos campos, nos montes. Mensaxeiros do outono poboando o mundo. [E sempre a mesma enigmática sorpresa, aquela íntima lembranza.]
Cólquico ( Azafrán silvestre, Papamerendas ) nun monte no lugar de Marcón, Concello de Silleda