touts les soleils

Domingo de horizonte difuminado [como chove miudiño, como miudiño chove]. O día flota no gris, apenas hai tráfico, semella irreal este silencio de nubes.
Na casa estase quentiño. Acubíllome no sofá para ver unha película amable, para soñar a realidade dos personaxes entrañables de Philippe Claudel.
Pixama, galletas de laranxa.
O tellado pinga.
Mañana es lunes. [Isto non é literatura]

Advertisements

16 thoughts on “touts les soleils

  1. “Como non si ora estou vendo,
    nun paisax de prata e rosas,
    canto a vida foi querendo,
    cos meus ollos remexendo
    memoriñas cariñosas?
    Como chove miudiño,
    como miudiño chove;
    como chove miudiño
    pola banda de Laíño,
    pola banda de Lestrove.”

    Pero puedes convertir el lunes en un día diferente.Inténtalo!. Mañana cuando vayas a tu trabajo, escucha una música que te nuble los sentidos, sonríe e imagina una ciudad que quieras conocer. Funciona.

    Un beso

    Gústame

  2. Quedan apenas 3 minutiños do domingo; pero podemos seguir recordando… Pásasme a peli amable e as galletas de laranxa? :-))

    Que gozada lerte!!
    Apertiñas

    PS/ o tellado continúa pingando;-)

    Gústame

  3. O silencio enchía as rúas de Bueu o venres ao mediodía, e mais ía sol. Pero o norte traía moito frío, e parecía unha vila fantasma.
    E con respecto a P. Claudel, estouno descubrindo a través da lectura A neta do señor Linh. E estame gustando moito. Se as películas son tan tenras, tan emotivas… haberá que velas.
    Saúdos.

    Gústame

  4. “Ás veces semella irreal este silencio de nubes”- encántame.
    Semella irreal a simplicidade, a chuvia que cae monótona tras os cristais, a calma dun domingo tranquilo…
    Saber disfrutar disto é todo un arte, porque na nosa cabeza bulen miles de cousas nun segundo.
    Pero desconectar… deixarse levar nunha desas pingas e ser un mesmo… mirar unha película como a que nos amoxas comendo esas galletas de laranxa é deliciosamente fermoso e productivo.
    bicos sentimentais.

    Gústame

  5. O meu domingo empezou coa viaxiña ata Arbo cunha chuvia fría, fría que semellaba ía empezar a nevar.
    Celebramos un aniversario dun curmán de Leo e Xela e apañei mandarinas a pesar das espiñas da árbore.
    Non houbo tele, ninlibro, nin sofá.

    Gústame

  6. o sofá, a manta, e as galletas de laranxa (¿sonde chocolate por fora?) son unha combinación magnífica en calquera momento.

    o domingo tamén vín unha peli mentras tecía un pouquiños.

    bqñs,

    p.d.: aínda non puiden ver os vídeos…

    Gústame

  7. Eu o domingo estiven por Cuntis de sendeirismo: pola Ponte do Ramo, polas beiras de Umia, a carón de carballos centenarios, pola calzada romana de Vilar do Mato, polo Castro de Castrolandín.
    Tampouco foi un mal plan.

    Gústame

  8. Encantoume saber dos vosos domingos:
    Filispines en Bueu, -con sol-, Aldabra e Maribel tamén no sofá (con outra peli), -e sí as galletas teñen a capa superior recuberta de chocolate negro-
    Paideleo en Arbo apañando mandarinas (esta imaxe antóllaseme perfecta, a pesar das espiñas) -con chuvia-
    Rubén, en el estanque dorado
    Raposo, facendo sendeirismo por Cuntis, por uns sitios que só con nombralos xa pega gana de velos…

    Todos son bos plans de domingo se un está no estado de ánimo axeitado.

    Milu: gracias polo consello, este luns non me lembrei; pero tampouco me fixo falta, sorprendentemente espertei de bo humor.
    Harmony, que pingue! -nós non mollándonos…!- (grazas pola túa mirada)
    Raúl: no sé ahora sin megavideo…! :-)
    Nena de paraugas: ese é un plan que sempre se ten á man (e poucas veces falla)
    Mariola: é verdade esa dificultade para abstraerse en cousas sinxelas cando rebulen na nosa cabeza miles de cousas! (a min ese exercicio cóstame, pero seino necesario)
    Magdalena: hai moito que non asocio o domingo con nada que teña que ver coa relixión! pero sí co descanso e o relax (algo tiña que sacar da miña educación católica)
    Semilla: estoy casi siempre en un mar de emociones pero, de momento, salvo algunas etapas de mi vida, consigo no ahogarme en ellas. (Para visitar tu blog necesitaré una tarde entera (porque hace mucho que no se de tus aventuras y me las leeré todas)

    Repito, canto me gustou saber dos vosos domingos.

    Gústame

  9. Yo también la vi!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! y me encantó :) Mi padre es italiano y mi abuela paterna cantaba tarantelas mientras me hacía el desayuno. Yo me crié en Suiza …así que imagínate cuantos recuerdos me trajo la peli :) ….tantos que hasta me salió un texto :)

    Besito y feliz semana :)

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s