Domingo de horizonte difuminado [como chove miudiño, como miudiño chove]. O día flota no gris, apenas hai tráfico, semella irreal este silencio de nubes.
Na casa estase quentiño. Acubíllome no sofá para ver unha película amable, para soñar a realidade dos personaxes entrañables de Philippe Claudel.
Pixama, galletas de laranxa.
O tellado pinga.
Mañana es lunes. [Isto non é literatura]
Arquivo por etiquetas: películas
nesta hora [1001 amañeceres]

Novembro, 25
Amañece na miña ventá, na hora do nó no estómago. Por iso 18 comidas [Tosar canta “Todo sale mal” nas rúas de Compostela].
O hamster da voltas obsesivamente na roda da súa gaiola.
o ceo sobre berlín
Hoxe pasei polo sitio onde tivemos que parar aquel día.
Recordei como empezara a caer a chuvia embarrando o po do parabrisas, as gomas dos limpas gastadas. A través da cortina de auga as luces dos outros coches compoñían un abstracto en amarelos e vermellos na escuridade. Eu tan nerviosa, sin ver nada, supoñendo a carretera. E tí dixeches bótate a un lado, xa me ocupo eu.
[ fuches comigo coma un daqueles de o ceo sobre Berlín ].
cousas que unen
“Reparar na estrañeza do meu corpo neste chan intuir que o hibisco perdeu a cor e o sabor na viaxe” -O pouso do fume-
Déronme unha bolsiña de hibisco. Gústame pensar nesta infusión refrescante de cor púrpuro-vermella, como se fose un símbolo, unha bebida máxica que vai deixando un fío prendido en cada unha das personas ás que chega, formando un tecido de amizade que se estende transmitindo bolsiñas púrpura atadas cun laciño.
E eu aínda baixo a maxia de Buena Vista Social Club. Dela cautiváronme os protagonistas do documental personificando a decadencia, cos seus estragados corpos como continentes de emoción e sentimentos. A través desas persoas fixen unha descuberta. Fiquei admirada e sorprendida ao ver que non importa canto envelleza o corpo: síntese apaixoadamente, está aí a muxica da vida, o lume que flamea no peito. Igualmente o xúbilo estoupa, o amor calla. Traspasando a pel transparente, o silencio rompe a través da música, onde o corazón lles arde.
*[Todos temos o noso hibisco: esas cousiñas miudas que forman parte do pequeno mundo propio e que compartimos coas persoas que se achegan a nós.]