o día que morreu whitney houston

O día que morreu Whitney Houston fixen as miñas primeiras filloas e leveillas á afillada para merendar. Encaixiños de amor, máis bonitos ca os de Camariñas.

Pola estrada, as mimosas. Ponme la mano aquí, Macorina, cantaba na radio Chavela.

A morte, a vida.

Advertisements

28 thoughts on “o día que morreu whitney houston

    • a mí me dieron tantos y diferentes consejos que, al final, recurrí a internet y luego hice lo que me dió la gana -estaban bastante ricas para ser la primera vez- :-)
      Que bien recuperar el contacto, después de tanto tiempo, y acabo de ver que soy “la gallega” en los enlaces de tu blog! -me encanta-

      Gústame

  1. Hai pouco fíxenas co sangue do porco, a min non me gustan, pero aos meus encántanlle .
    As de leite, si me gustan, e as túas teñen un aspecto que están pedindo ser comidas.
    Co tempo que está é unha boa forma de pasar o día sen pasar moito frío.
    Bicos

    Gústame

  2. Preciosos encajes de amor sobre todo los comestibles :-)

    Gracias al tema de chavela he averiguado que Macorina (Mária Calvo Nodarse) fue la primera mujer chofer de Cuba consiguiendo una gran fortuna al prostituirse muy selectivamente.

    Me encantó este post.

    Abrazo e saúdo afectuoso!

    Gústame

    • O tema que eu escoitaba era casi todo recitado pola voz ronca e profunda de Chavela Vargas, a letra desprende tal sensualidade modulada pola súa voz…! Parece que a calor da selva se mestura co calor do sangue novo; ese bater do desexo no corpo semella o contrario da morte…
      E, arredor, o sol da tarde de inverno, o amarelo tan potente das mimosas floridas…

      Veinte años y, entre palmeras, los cuerpos como banderas. Noche huateque y danzon, la orquesta tocaba un son de selva ardiente y caprina, del cielo un gran frenesi y
      Ponme la mano aquí, Macorina, ponme la mano aquí.

      Gústame

  3. Unhas filloas, lembranzas tráenme.
    Ou xa as esqueciche?
    Dise xeito remataban os meus contos, xa fai tempo.
    Boa pinta teñen, isas con unhas cuncas de leite ou uns tragos de doce farían as ledicias dos galos.
    Uns amigos que voltaron da Galia dixeron un día:
    – Andábamos a toupar un café onde tomalas, atopamos un e as pidimos. Trouxéronnas. Cando as pobramos daban noxo. tanto coma dicin que as fan e non era certo. Pensamos nas que nos fas ti; canto de menos.
    Xa vexo que posnos unhas tantas, podemos manxalas tudas?
    Non dixen rien, deixeinos que xaldrumeiraran a fartar…
    Rematabam os contos con unhas filloas e unhas cuncas.
    Lémbraste?

    Gústame

  4. Por Dios, que pinta!!!! ni lo dudes que tienes la receta mágica, seguro que estaban deliciosas.
    Me devolviste a la niñez, cuando mis tías y mi madre traficaban con postres de una casa a otra…y el calor de la cocina de aquellas tardes. Mis tías se ocupaban de las orejas y las filloas, mi madre de las torrijas :)
    Nunca me di cuenta de todo lo que podía haber en ese corto paseo de un hogar a otro.

    Besito

    Gústame

  5. Que son as primeiras que fas??? Non sei eu… Pintan bonitas e saborosas!!! A que chas zamparon axiña?:-)

    [coma sempre,consigues facer do cotidiano unha excelencia. E dun acontecemento especial, o máis natural].

    Unha aperta

    Gústame

  6. A vida é iso: xantar, agarimar (¡quen fora a tua sobriña! o a tua tía, no meu caso por edade, ja,ja), soñar (que as filloas semellan encaixiños) deleitarse cunha canción, añorar outras voces que xa morreron…

    Veño do blog da nosa amiga Aldabra, e gústame moitísimo leer nos blogs de ámbalas duas.¡Sodes unhas artistas escribindo!

    Unha aperta.

    Gústame

  7. imaxino a escea…

    as túas mans movéndose rápido para darlle á volta a esas filloas… o caloriño da sartén… a música… a noticia da morte de whitney…

    ai, Xeltia, che saíu un poema moi moi fermoso… é moi cálido… dan gañas de abrazar a alguén, de aniñarse nunha manta…

    es moi doce aínda que teñas tamén unha vea mais cañera… encántasme.

    bqñs,

    Gústame

  8. unhas filloiñas que fixen, escribo unha entrada para non esquecer as sensacións dese día,
    e por riba,
    recibo palabras tan lindas como as de Rubén,
    como as de Aldabra,
    e Chela,
    de Harmonía.

    e tantos loubando as miñas primeirizas filloas…!
    é un luxo ter ó parruliño por aquí,
    e xuanrata -primo asturiano- ;-) como me encantan as túas fotografías e non menos os teus textos
    fotografías chulas tamén as da veciña de ourense, Merce
    amigos blogueiros de hai xa varios anos como Chousa, e Raposo, Wendy, A nena do paraugas
    Outras como Emma, que xa lle tiña perdida a pista,
    e Raúl, que cada día me aporta algún tema musical para empezar ou terminar o día,
    Antonio que me descubre cousas extraordinarias que hai polo youtube,
    e outros blogueiros e blogueiras que asoman, e volven, e se quedan:
    mariola, tonet, semillanegra, filispines, dilaida, milu
    e alis, que coma a brisa do atlántico vai, e vén…

    Escribiría aquí igualmente, pero é moito máis gratificante porque vós estades.

    Gústame

  9. Eu vexo en toda esta imaxe unha interesante curtametraxe: a fotografía, a música, os elementos accidentais mimosas e filloas (mmm que ricas!) facendo escenario. E de aquí ao final esa marabillosa reflexión sobre a vida e a morte, tan preto a unha da outra.

    Gústame

  10. Insumisa: las filloas son son lo que sale en la foto: algo parecido a los crêpes franceses… en la forma, no mucho en el sabor.
    es una comida -o postre- tradicional en Galicia, por Carnaval, aunque también se consume durante el resto del año.
    apapachos para el otro lado del océano.

    quedei toda chea co comentario que deixaches, vakastolas!

    Susana: se ti foses miña sobriña, habíate volver o rego! :-) [máis ben pode que o pasaramos moi ben compartindo]

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s