a min, nin carbón. nin falta que me fai. [videoclip]

Ya llegó la Navidad y los Reyes Magos corren por la ciudad con los regalos. A unos les dan carbón, porque son malos. Y a otros les dan por culo los camellos en el barrio. [Melendi]

12 opinións sobre “a min, nin carbón. nin falta que me fai. [videoclip]

  1. Estás feita unha profesional nisto dos vídeos; xa está empezando a darme envexa (sa).
    Non te preocupes polo carbón, tes razón seguro que non che fai falta algunha, agora coas calefaccións e as estufas eléctricas, quen se lembra do carbón?.
    Eu só pedía un pequeno ramallo de flor de toxo, pero nin iso… haberá que conformarse, así tamén evito picarme…
    Bicos

    Gústame

    • iso é ser positiva! (evito picarme) non sabes a de veces que acudo eu a ese pensamento cando vexo a chorima tan linda…
      e co dos videos, non vexas canto disfruto mentres os monto, cando tomo as imaxes… e de paso xunto unha morea de imaxes para os meus recordos. (non din que recordar algo bonito é volver a vivilo?)
      Unha aperta, Dilaida, [xa hai que non falas dos teus animaliños, estiven vendo fai pouco a presentación de fotos que tes na barra lateral do blog, os gatos, os cans e os cabalos tan fermosísimos!]

      Gústame

  2. pois eu non vín a cabalgata, fai anos que non a vexo…

    o que non che creo é que non che trouxeran nadiña, pero si ti es moi boa, muller… algo che deixarían…

    miña nai tíñame de sorpresa unhas braguiñas (regalo moi típico dela), e eu tan feliz, de verdade porque sei que mas compra con moito cariño.

    biquiños,

    Gústame

  3. Alguén bdixo unha vez fai moitísmos anos:
    -Se os pais son os reises, quéns son os camelos?
    E dde eso sábenno moi ben os das costas da Galiza:. Dende Carril a Estrada, dende a Rúa a Carreira.
    -Todos metidos nun Dbote, boga, boga que´ xa vemos “europe”.

    Gústame

  4. este parruliño amarelo ergueuse hoxe con bo humor, grazas pola sonrisa (acabo de ter unha chamada que me deixou a cara longa)
    Aldabra, non cres a ausencia de reis, eh? pois xa levo varios anos sin ter nada, na familia facemos os agasallos polo nadal. (os últimos reis fantásticos que tiven foi no 2005, que andaba pola miña vida unha persoa que vivía esa noite con moita maxia e contaxiábame)
    Pero agora vou recibindo paquetes con bonitas lazadas virtuales cheas de bicos e abrazos, da Nena do Paraugas, na casa de Pitima, bicos de Rubén... e ata eu lle deixei a Antonio un sorriso de 3:40
    e para todos vós unha divertida cabalgata de reis

    grazas por haber alguén do outro lado.

    Gústame

  5. Coincido en que está muy bien montado el video. Y coincido en que qué chula la manifa de monigotes. Me alegro muchísimo, parece que ya no se lleva el Baltasar pintado de tintura negra, el Gaspar con deportivas bajo el faldón y los caramelos voladores, baratos de Alcampo o Carrefur.
    Fantástico el toque Melendi y sus camellos que dan por culo y me alegro de encontrarte tan marchosa -y laboriosa- tras una serie de emotivas cartas y fastidiosos ingresos hospitalarios.

    Happy new year darling!

    ( yo asomando la patita, perezosamente, de bajo las sábanas, dudando si desperezarme o de si acurrucarme más adentro, arropada, calentita, solitaria y tranquila)

    Gústame

Deixar un comentario