os adeuses

-A Coruña, 1957. © Alberto Martí.


Hai adeuses sen panos. Sen saloucos. Nen sequera bágoas.
Adeuses silenciosos, que deixan o mesmo baleiro

Está a piques de rematar a emotiva exposición de fotografía periodística de Alberto Martí
 

[Aquelas fotos remexeron no faiado da memoria, e trouxeron a un plano primeiro a lembranza de min mesma de meniña, só uns anos despois dos que abrangue a exposición, esperando ver baixar aos meus familiares polas escaleiras do barco.]

Advertisements

22 thoughts on “os adeuses

  1. Tódolos adeuses son duros, pero eses momentos duberon marcar a moita xente. Esa outra foto da que falas, creo que a vin hai pouco tempo, pero xa non me lembro donde (Que cabeciña teño ultimamente…).

    Importante máquina do tempo a fotografía.

    Gústame

  2. Canto lamento non ter sabido desta exposición, pero agora xa é tarde.
    A foto dos rapaces que perderon o barco é impresionante, non sei se aínda máis a aclaración de que finalmente marcharon.
    Que sería deles?

    Gústame

    • A min gustoume saber que puideron tomar o barco e buscar un futuro noutros lugares onde tiveron oportunidades que aquí lle eran negadas.Eu coñezo personalmente a un vello que marchou ós 11 anos buscarse a vida, e dende entón traballou ata a súa xubilación -ainda segue, teimudo, incombustibel, traballando e traballando- ás veces é dificil saber qué dota á vida de sentido-

      Gústame

  3. Aquelas fotos traen aqueles adeuses de despedidas longas, distantes.

    Hoxe dicimos moitas veces adeuses pequenos aos nosos seres grandes mentres andan “formándose” polo mundo adiante.

    Un bico de regreso das vacacións

    Gústame

  4. Moi chulas as fotos, pero me chama a atención o comentario de Xenevra. Efectivamente! Hoxe marchan de Galiza os novos mellor preparados.
    O pasado xa non hai quen o mova, a cousa consiste en mudar o futuro.

    Gústame

    • Me gustaría captar el sentido de lo que dices, Rubén, se me escapa. Supongo que está metidito entre los pliegues de las emociones.

      Un abrazo virtual para os que vos achegades até o meu blog, e especialmente para os/as que me facedes sentir a vosa presencia.

      Gústame

  5. As fotos impresionan, e un pode chegar a albiscar (non de todo pero si en parte) a carga emocional que levan dentro. Din que hai imaxes que valen mais que mil palabras, estas son un bo exemplo de que é certo.
    Bicos.

    Gústame

  6. Foron tempos duros anque os de hoxe non están quedando atrás anque sexan en cor e todos ben vestidos e alimentados.
    Lembro despedir en Vigo ao meu avó que ía no Begoña a Venezuela e que me dixo que me ía levar con el. Non me levou e quedei un pouco triste.

    Gústame

  7. Aqueles sí que eran adeuses de verdade…

    Os de agora son case de mentira, como moitos “quérotes”

    Son formas de falar. Agora, quen non queira marchar non marcha.

    E cantas historias naquelas aventuras, naquelas largas travesías a ultramar… Cantos sentimentos desgarrados…

    Cómo che cambiou o conto…
    E tamén comezaron moitas historias novas…
    Os galegos ata na lúa… jaja

    Gústame

    • Agora os adeuses que rachan por dentro dinos noutras latitudes para vir cara aquí… Ainda que hai teléfono e internet e non e o mesmo [moitos sitios de Africa, ou pequenas aldeas en Sudamérica non creo que dispoñan de internet]; pero ainda así deixar fillos, amores, familia, seguirá a ser coma deixar parte do corpo noutro lado, e non digamos os que quedan… os que quedan sempre sinten a ausencia coma unha presencia dunha pena que se instala no burato que deixou quen marchou…

      Gústame

  8. Non e necesario entender de fotografia, pode haber moitisima tecnica, moitisima edicion pero non chegar a mover os sentimentos. Se unha fotografia trasmiteche emocions enton, entendes moito mais alá dela, podes traspasar, tocar e sentir o intre que quiso atrapar o autor.

    Eso, e para min o maior obxetivo a conseguir, e o mellor que me pode pasar, chegar a transmitir :)

    O mesmo que transmite esta entrada que nos deixas, nas que a mirada queda prendida dos ollos e da faz de toda esa xentiña que un dia saiu da casa cunha maleta de madeira na man, cargada de ilusions, na procura dun mundo mellor para os seus…

    Biquiños a moreas

    Gústame

  9. Las fotos me cuentan una historia que llevo años oyendo en boca de mi padre. Cada vez que me explica como se sintió en el barco que lo alejaba de España, para no regresar en veinte años, se me encoge el corazón; y eso que en los últimos tiempos la escucho casi un par de veces por semana, pero ni con la repetición se me quitan las ganas de llorar. Una maravilla como reflejan estas fotografías toda aquella experiencia.

    Besicos de una nacida en Venezuela

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s