tu alma es profunda y oscura (serrat dixit)

Abráiasme coa túa inmensidade.
Acolles no teu seo milleiros de vidas, dende as tímidas lapas que se aferran ás rochas até os peixes cegos que habitan nas simas.
Intimídame a túa violencia contra os cantís, arrincando migallas para construir as túas praias.
Pero gústasme cando te estendes na baía, maino, prateado.
Enfeitízasme coa túa fermosura.
Regálasme conchas, buguinas que me borborinhan na orella.
Deixas sorpresinhas de nácar ciscadas.
Lámbesme os pés, o corpo todo, cada recanto, cada prego, o teu gosto salgado na miña boca.
Acaríñasme cos teus dedos sábios.
Móstraste transparente, rideiro, sedutor.
Pero eu ben sei que es un finxidor.
Semellas arder, escintilando co sol do mediodía, remedando as cores do ceo; o azul da primavera, o arco-íris dos solpores.
Esperas a que me confíe para turrar de min e levarme ao teu profundo. 
E nin sequera me queres para sempre.
Só unhas horas, para despois vomitarme na praia, cuspirme na area e deixarme alí, morta.
Como ás conchas rotas, como ás buguinas baleiras.

.

Este textiño utilizouno Falabarato para acompañar unhas imaxes que el tomou na praia, coas que montou un video que colgou no post de hoxe, no seu blog. [Quedei sorprendida de canto cambia o texto ó escoitalo, co son das ondas de fondo e a música,  mentres a vista enreda na auga].
Queres velo?

21 thoughts on “tu alma es profunda y oscura (serrat dixit)

  1. Pingback: O Mar de Zeltia «

  2. fantástico, un texto muy bien narrado en imágenes, bien musicalizado, aplicando los efectos de voz muy oportunamente. gran vídeo. muy chulo, sí señor.

  3. Claro que vou a velo agora mismiño, porque lein o texto e quedei encantada, abraiada!!!

    ufffff que fermoso!!!

    Noraboa!!!

    e

    moitos bicos :)

    vou aló…

  4. Veño de ver o vídeo e de poñer no post un comentario: encantoume tanto a imaxe coma o texto. O mar, digo nel, está efectivamente cheo de vida e de morte ao mesmo tempo; e a morte duns é a vida de todos os outros, e a nosa en definitiva.
    Parabéns polo texto, Zeltia.
    No referente a pranzo di ferragosto: véxaa, recoméndolla entusiasmado (estrearíase hai un par de anos)

  5. Pois si que lle quedou ben, sí. Xa fun alí e ao scoitalo xa rapidamente lle propuxen que puxera voz (vaia voz) a algún dos meus relatos. Eu sempre barrendo pa casa, me paso?

  6. Amante intenso donde los haya…
    Muy bonito. Sí que se transforma el texto cuando lo escuchas, como si cobrase vida… Es bueno, pero si lo lees después del vídeo es más sentido, más bonito si cabe…

    Oye.. perdona por no contar tu voto en la casa de Susan… Sorry…

  7. O Mar de Zeltia, fermoso, suxerente nas súas imaxes coa roupa interior de encaixe , lambendo cada recanto, agachando desde os pés ata invadilo todo…
    Fermoso texto e imaxe
    Parabéns os dous

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s