esa longa sombra sobre o céspede

Durmo e o corpo soña, signos vitais ó mínimo, cambios hormonais complexos, músculos paralizados. Espertar é sempre algo traumático: un reinicio das funcións, un pequeno e cotidiano nacimento, a toma de conciencia da realidade. E esa realidade non sempre é agradable. Inda sin buscalas, aparecen razóns para a desdita, fíltranse a través da leve membrana do aquí e do agora, neste presente [aquel futuro que viría e se converteu nun presente inesperado.]
[O presentimento é esa longa sombra sobre o céspede.] Aparece ese verso polos intersticios da memoria e engurrúñaseme o estómago. Pero a esperanza recréase naqueles refachos de misteriosa felicidade que, repentinamente, me regalan os días, esa modesta felicidade que agradezo humildemente.
Temo o dia en que a esperanza xa non veña máis. 
Pero non foi hoxe. Erguinme e o día recibiume co sol entrando a eito polas fiestras.

E camiño da praia escoitaba a María Rita cantar:

Mente ao meu coração
que cansado de sofrer
só deseja adormecer
na palma da tua mão…

14 opinións sobre “esa longa sombra sobre o céspede

  1. Un agradecimiento al día con la certeza que llegará una mañana que la esperanza no esté al otro lado de tu cama. No es así, Zeltia. La esperanza siempre va a estar. Siempre. Solo somos nosotros los responsables de dejarle un sitio cerca. Incluso en la desesperanza y en los momentos más complicados de nuestras vidas, la esperanza siempre nos guilña un ojo.

    Muchos besos.

    Gústame

  2. A esperanza nunca morra, nin no inesperado final en que ainda cremos que hai unha oportunidade de seguir loitando :D É o bo da esperanza que nos libra dos abismos sen fondo da vida. Así que sigamos abrindo caixas !!!

    Gústame

  3. El amanecer siempre finge un comienzo. Cada vez nos levantamos con una migaja más de desazón :es el tiempo que para algunos camina ya hacia atrás y ya nada se puede despegar del álbum de nuestra vida; pero cada mañana en ese amanecer , no sé de dónde, alguien pone en mis labios la misma canción, una balada aún no escrita y extrañamente renazco. ¿Te ocurre a ti?

    Gústame

  4. No sabes como te comprendo…..tu que conoces mi minihistoria sabes de que hablo….ya amanecerá y no encontraremos esa desazón, estoy segura que todo irá a mejor…en un sentido o en otro…

    Gústame

  5. Lo del sol ineclipsable me gustó mucho, Raúl.

    A cita de Gibrán xa a coñecía, debeu saír tamén por este blog, axudou, axudou en moitos momentos. Moitas grazas pola túa aportación, Escornabois

    Todas, todas as vósas palabras son ben recibidas (auga de maio, aínda que sexa xuño) :-)

    Hai dias en que os espertares resultanme difíciles. Eu creo que algúns de nós habemos ter un día en que a esperanza non apareza unha mañá… que sexa dentro de moito tempo… pero bueno, pode que non, que me engane, porque a esperanza é unha toliña benefactora, sin cabesiña ningunha e alonxada da realidade ¡benvida!

    Gústame

  6. a esperanza e a desesperanza, viaxan xuntas collidas da mán… hai que afacerse a elas… non é sinxelo…

    non penses en si poden chegar eses días de desesperanza, vive só o momento, sin mais.

    biquiños,

    Gústame

Deixar un comentario