a luz que mora nas cousas [videoclip]

-Trouxen a cámara nova, queres probala?
-Preferiría ver como traballas con ela…

Foi emocionannte ir os dous pola eira adiante, captando coa cámara a beleza do efémero, apreciando a grandeza do minúsculo, o extraordinario do común. Descubrir da súa man o latexo de luz que mora nas cousas.

As imaxes tomadas en Dornelas o 26/06/2011.
A cámara unha Canon Legria HF S200
O programa de edición, Adobe Premiere CS5 funcionando nun entorno operativo de 64 bits.
Duración do video 2:27.
Gravou e editou
 Falabarato.
[Meus son o agradecemento e o entusiasmo.]

*Unha chiscadela para Pitima, Aldabra, Chousa, Wendy, Kaplan, Monóloblogs e outros que compartimos a lectura de A la hoguera con el pijama!: o camisón que colga a secar , é de miña tía.

Advertisements

18 thoughts on “a luz que mora nas cousas [videoclip]

  1. ¡Hola!

    É unha ledicia o contido desta páxina. Esta escolma de axeitadas e poéticas palabras, belas imaxenes e son…

    As cousas pequenas, cotiáns, tanto sexan parte da natureza como obxectos, pódense converter en símbolos, e mesmo en obras de arte, cando os ollos cas contemplan teñen capacidade para captar a fermosura agochada nelas.

    Por exemplo, a min gustoume moitisimo a “pinza”, vella, soa, suxeita no alambre, disposta para ser útil de novo.

    Grazas polas túas palabras. Estou ben. Voume facendo…

    Perdoa o meu galego.Non encontro quen me de clases. Sigo no empeño.

    Unha aperta.

    Gústame

  2. Xa vexo que en Dornelas, ademáis de cocelas, tamén atades as fabas. Gustoume iso!.
    (A excusa de que o camisón é de túa tía resulta convincente a medias. Eu penso que deberas negociar previamente con Falabarato a emisión dos fotogramas que xunguen os préixegos coa pinza)

    Bicos rodados

    Gústame

  3. Dentro de pouco tes ahí un xardín botánico como para cobrar entrada. Traballas a terra e recolles un pequeno mundo… sexa por pracer visual, aromático e ás veces directo ao paladar, ou por outras razóns máis íntimas. Nas imaxes atopo o color e calor de algo “sinxelo e fermoso” (rescatando as palabras que che chamaron a atención nun blog de por ahí) que chega a emocionar…
    :-)

    Gústame

  4. xa sabes que as fotos teñen que quedar para outro momento pero de antemano sei que me gustarán…

    o que sí que podo facer agora é contaxiarme do teu entusiasmo por captar eses momentos especiais.

    graciñas pola chiscadela.

    e moitos biquiños,

    Gústame

  5. A mi vecina Amparo le hice un poema al verla otra vez en su jardín después de su larga enfermedad .Ahora siempre está tirando muy suave de una raíz o cribando la tierra para ese tallo perezoso y dejando maestra un punto de luz de agua en cada hebra. Ella me ha enseñado lo medio jardinero que soy y el amor por ese mundo bello y callado de las plantas. En el video reconozco todo y sé hasta lo que arraiga en esta tierra de arcilla.
    Un beso

    Gústame

  6. Despois de presentarvos a vida nesas imaxes,

    Un terrible incendio queimou 20 hectáreas do bosque que rodea a casa. As chamas chegaron a 2 metros do valo unicamente o camiño por medio. Grazas aos bombeiros, aos avións da Xunta, aos propios veciños que traballaron dia e noite, o lume non prendeu na nósa casa e en dúas casas máis.

    Agora no sitio da vida que desbordaba, a morte.

    Eu inda non o vin. Non fun alá. Non me sinto capaz.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s