primavera silenciosa [videoclip]

Deixa que medren as palabras

Neste remexido, unha selección das moitas imaxes que tiña recollidas coa cámara.
Click en Vimeo para velas en maior calidade e tamaño.

black and blue

Black and Blue (Louis Armstrong)
http://www.fileden.com/files/2012/5/19/3306295/Black%20and%20blue%20-%20louis%20armstrong%20Album%20-%20SATCH%20PLAYS%20FATS.mp3″

Old empty bed… springs hard as lead
Feel like ol’ Ned… wished I was dead
What did I do… to be so black and blue”

A pel que habitamos, a barreira que nos delimita. O tacto é o único xeito de atravesala.

Algunhas peles abren os seus poros polas noites, como esas flores que emiten aromas intensos para atraer os insectos nocturnos.

o día que morreu whitney houston

O día que morreu Whitney Houston fixen as miñas primeiras filloas e leveillas á afillada para merendar. Encaixiños de amor, máis bonitos ca os de Camariñas.

Pola estrada, as mimosas. Ponme la mano aquí, Macorina, cantaba na radio Chavela.

A morte, a vida.

distraccións [videoclips]

(Este videoclip fíxeno como agasallo para Aura, a quen tanto lle gusta ver o mar.)

[youtube:”http://youtu.be/10SjX7KE938″&w=600&h=350%5D

Só me fago a graciosa para distraerme da verdade.

xa sabes [videoclips].

Non pronunciamos palabras como sororidade ou pacto. Pero sabiamos que iso era, buscando a raiola de sol en Ponte Maceira, xantando na taberna de Avilés de Taramancos en Noia, remexendo nos andeis do xamón ibérico no Mercadona.

B.B. King e Rosalía Castro

Unha vez tiven un cravo [recita Estíbaliz Espinosa].

The thrill is gone: a emoción foise, di este blues.

E xunto coa saudable sensación de terse liberado dun influxo, dun encantamento, queda tamén un baleiro: onde estaba a emoción, hai un oco. Para fuxir dese vacío alimento eu as miñas emocións, que non esvaezan -aínda que ás veces manquen-, porque cando se dilúen quédame o corazón frío, o corpo escarchado. E eu quixera estar sempre derretida.