maldito blues [videoclip]

Porque el presente… rastrojo del penúltimo verano triste y azul.
Maldito blues.

*as bolboretas para un tal marra, a quen lle gustan os bichos.

26 opinións sobre “maldito blues [videoclip]

  1. Fermoso. Estreado. (Que non, non son horas….)
    Papilio machaon, Mantis religiosa e Inachis io, por orde de aparición. Tamén recoñezo aos dous perigosos bichos que cantan Sabat y Serrina.(das bolboretas, xa che contarei das extrañas sincronias) As cinco e vintedous!!! vou durmir. Doces soños.

    Gústame

  2. as volvoretiñas, o teu can adoptivo (penso eu), os xeranios, as “claudias japonesas”, así lle chamábamos as bolsas de auga, de feito tiñamos un árbol que frutaba moito…

    todas as imaxes son unha ledicia…

    voulle pasar o enlace a un blogueiro de salamanca que é moi fan de sabina e serrat, seguro que lle ha de gustar tanto como a mín.

    biquiños,.

    Gústame

  3. A min tamén me parece un vídeo ben completo!
    Perfecta combinación de imaxes e moi bo ritmo.

    Un traballo excepcional e un verán para recordar, Zeltia;-)
    Tantos detalles que obrigan a review… :-)

    Gústame

    • :-) parece que no te gusta mucho la música de fondo que elegí para las imágenes de mi verano. Admito que las voces de estos dos no están en su mejor momento, pero como tú dices, un blues siempre es un blues… y en este, aparte de que va a unido a un día que no quiero olvidar, la letra, ay la letra.

      Gústame

    • Si, efectivamente, esa muller é Nela.
      Ela traballou -e está a traballar- moito na Plataforma pola defensa de Corcoesto, en contra da mina de ouro (non todo é brillo no ouro)
      déixoche un enlace onde vén o manifesto, por se queres deixar o teu apoio, como tantas outras persoas.

      pero por riba de ser unha grande loitadora, é unha persoa marabillosa e síntome afortunada de contarme entre as súas amigas.

      Gústame

  4. Cómo mola, qué bueno
    Me gustan los lugares. Del vídeo no tengo nada que decir, estupendo.
    Ises pesegos caídos no chan, tantos.
    Isa Toxa fervendo de ledicia e agarimo, fervendo de amizade, de bondade, fervendo
    na lagoa, nas rochas, mollando coa sua poalla…
    Es boa filmadora, con anacos da ponte, cos ollos meigallos, ca ledicia do son no teu ton
    que fai dun almorzo un dos intres mais lembreiros…da miña cachola.
    Fun xeito do vento e mirándoo lle dixen: pra min un anaco de touro, unha rodaxa a rumán; ela tomuo unha a prancha…
    Lembranzas sempiternae sunt.
    Deica

    Gústame

  5. Un fermoso vídeo. As imaxes cheas de colorido, as flores, as bolboretas posándose despaciño nelas, a auga deslizándose entre as rochas, o entorno… vai caendo moi ben regado da música.
    A ventá penso que xa a vin outra vez, fáiseme coñecida, bueno, máis ben o que está dentro da ventá, a mesa coa flor…
    moitos bicos.

    Gústame

  6. Nada como un blues para enmarcar a melancolía do vivido. Aínda que a nosa memoria selectiva obvia algúns instantes menos alegres, parece que foi un verán fecundo. Como o titulo do libro das memorias de Pablo Neruda ” Confieso que he vivido”, evidencíase nas imaxes, que os instantes enchéronse de vida.

    Gústame

Deixar un comentario