o día da colleita

Gústame soñar que unha mañá de outubro abrirei a porta e todo o chan do xardín será unha enorme alfombra de crocus. Alguén me amará tanto que, sen eu saber, prantará centos de bulbos. Criaranse en segredo durante meses debaixo da herba verde e, un día, agromarán todos xuntos para me marabillar.

Chorarei tanto, tanto.

Advertisements

45 thoughts on “o día da colleita

  1. Pecha os ollos…

    Bota o aire fóra dos pulmóns… (lees cos ollos pechados?)
    Inspira profundamente… Mantén, todo o que podas, o aire dentro…

    Repite cinco ou seis veces…

    Abre os ollos…

    E ahí tes o xardín… ben cheo de acougo.

    (seguro que o xardinero tomou boa nota do teu sono)

    Gústame

    • non creo… hai tempo que non teño xardiñeiro a tempo completo… só eventuais ou traballos esporádicos… (non sei se é que pido moito dun xardiñeiro, ou que non lle ven eles posibilidades ó meu xardín… )

      Gústame

    • si, teño os crocus montes adiante, caprichosos e independentes, e tamén disfruto da súa fráxil e curta fermosura: pero tes razón, son tan fortes!, volven, e cando volven traen máis con eles…

      Gústame

  2. Qué fermosura de texto!
    Estou segura que algún día así será, os sonos cando están mecidos no corazón cúmprense.
    O final é- o meu modo de ver- impresionante: “Chorarei tanto, tanto”.
    É un espirse de todo, un botar fóra todas esas emocións que permanecían ancladas no corpo.
    Un baleirarse.( Cando remato de escribir esta palabra inspiro forte e solto amarras ).
    Ah…encántame o azafrán silvestre. Non sabía que se chamaba crocus.
    bicos Zeltia.

    Gústame

    • ten moitos nomes! un deles é “papamerendas”, seica porque cando aparecen xa os días teñen menos horas de luz, son máis pequenos, hai menos distancia entre a comida e a cea, polo tanto xa non se merenda…! (pero a verdade é que non sei polo que lle chaman así…)

      Alédame que me entendas o de chorar. Sería como abrir as comportas, baldeirarse da emoción contida, de tanto esperar por un soño…

      Gústame

      • Hoxe mesmo saiu nas noticias da galega unha foto dun “quitamerendas” e a fotógrafa explicaba a orixe do nome do mesmo xeito ca ti.
        Eu creo que ten máis que ver con que son velenosas e quitan, tollen, rouban… merendas.

        Gústame

  3. Difícil distinguirlos *desde los ojos puestos en las carreteras,
    conduciendo, cuando miras a los campos y a las cunetas.
    Con cuales me quedo, con los tuyos o con las quitameriendas…
    [*con]
    Apertas longas e mais sonoros.
    d:D´ dl*P

    Gústame

  4. mariola dí o mesmoque ía decir eu… aínda así voy repetirme pero coas miñas palabras.

    teu texto recórdame un texto curtño que escribín fai anos que decía tamén algo similar, só que eu quería que chovesen flores de cores… teu texto é moito mellor, sin dúbida…

    eses pensamentos xurden porque tés un corazón cheo de amor por dar… e quiseras que explotara como explotan os bulbos cara a superficie por baixo da terra…

    e o final… chorar de ledicia, de amor, de asombro… chorar de felicidade…

    ogallá que teu soño se cumpla.

    biquiños,

    Gústame

    • grazas, bonita. Tí tes unha canteira sen explotar no psicoanálise…! :-) gústame a túa interpretación.
      Para min é máis necesario ter alguén a quen querer, ca ser o obxecto do amor de outros.

      Gústame

  5. Sería espectacular, algo como de conto de fadas, romanticismo decimonónico.
    Ojalá che pase e chores e rias a un tempo, pero o mais provable é que recivas as flores por medio de Interflora: tiempos modernos capitalistas-consumistas.

    Gústame

  6. Fermosos, fráxiles e fortes á vez! (azafrán silvestre é o nome que a min máis me gusta)

    Recollo e anoto a sentenza de Antonio :-)

    Quedamos coa esperanza de que floreza esa marabilla de xardín, si Zeltia? ;-)

    Gústame

  7. O azafrán das meigas, como prefiro chamarlle eu, é flor máxica, e coas súas meiguerías non me estrañaría nada que che agromasen bágoas doces, das que regan soños e lindos amenceres. Se cadra un día de outono, deste outono, o azafrán ha tinguir do vermello da paixón un alento compartido. Será cousa de respirar unha mesma e deixar que te respiren.

    Gústame

  8. eu son como ti, Zeltia, en serio, confirmado polo meu sicólogo… para mín é mais importante querer, dar, coidar, que ser obxecto de amor… por eso che dixen eso do corazón cheo de amor porque eu, moitas veces, cando estaba soa, sentía que o corazón me ía rebentar… eses días poñía a música a todo volumen e cantaba ben alto, e bailaba, ou escribía textos arrastrados, apaixoados… era como unha bola no peito…

    biquiños,
    e xa sabes que che teño moito aprecio e oxalá…

    Gústame

  9. …..E se iso xa esta ocorrendo e ti non o ves. É imposible que alguén como Zeltia, tan sensible e especial como se mostra no que escribe, que non atope un xardineiro a tempo completo para marabillarte…

    Gústame

  10. Alsabrade bólas no peito enténdoche eu moito! :-) sei do teu aprezo, queridiña, que é correspondido. Espero que pronto volvamos compartir un ratiño reconfortante xuntas.

    piel de letras, un tiempito ya sin saber de tí. (cada tanto me pierdo) :-(

    Soros: por la sierra de Guadalajara teneis palabras interesantes y sonoras. Algunas he aprendido, gracias a tí. Outro bico.

    Xan: [tampouco é que sexan abondantes os xardiñeiros que marabillan… !] ;-)
    pero que sei eu… serei fea!

    Gústame

    • Vaia, grazas Concha!, tanto tempo.
      :)
      Pois mira, o venres merquei uns bulbos de crocus, vounos prantar na eira, a ver se se dan. (miña filla se un quere algo ten que facelo e non esperar que llo fagan, que se non, esperará para sempre) :(

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s