Ya llegó la Navidad y los Reyes Magos corren por la ciudad con los regalos. A unos les dan carbón, porque son malos. Y a otros les dan por culo los camellos en el barrio. [Melendi]
Arquivo por etiquetas: videoclips
falando [de aniversarios, do porco de san antón]
Algunhas datas quedan gravadas no calendario da nosa vida. Recordámolas un ano máis tarde, dous, incluso moitos anos despois. Envolvémolas en simboloxías. Marcan finais, inician comezos.
Non pensamos en que cada día é o aniversario de algo que xa temos esquecido.
Imaxes: porque a memoria é maleable. [videoclip de 3:06]
a estación [videoclip]
Moita xente dorme no tren á Coruña, porque ninguén se pasa de estación. Aquí remata a vía.
Luisa Villalta, unha poeta cascarilleira, titulou así un dos seus poemas: Estación, que é como lle chamamos nós, non só ao recinto, se non tamén a todo o barrio [onde vives? na Estación].
Onde nós nunca pasan os trens Só chegan ou parten Por iso tamén somos nós a nosa última estación o noso amor definitivo Seguir lendo
perdendo o tempo [videoclip]
Perdendo o tempo, esperando o que nunca chega.
Calquera día, a tentas pola cidade [videoclip de 04:34]
un reflexo máis
Son as mesmas ventás da Mariña cás de hai cen anos. Somos os mesmos paseantes. Alí sigue o noray nº 7.
Cólgalle á tarde do sábado unha nostalxia de domingo tan fonda que nin o ar quente lle escorrenta o gris desfiañado.
Na súa bastilla descosida agocho eu a miña melancolía. Hipnotízame o movimento da auga até converterme nun reflexo máis.
simple things [videoclip]
entón ela regaloulle o seu nome
o tacto de formiga das cousas pequenas
e o idioma secreto que sabe o silencio
Carlos Negro [ Lalín, 1970 ]