Imaxe

aínda ecoan as voces

aínda ecoan as voces
dos que acaban de marchar

a xeada
arríncalle cores ás prímulas
cala o zunido dos insectos

este silencio frío
da tardiña

nin ladran os cas
á noite de febreiro

agora podes escoitar a herba
o seu falar inquietante

que é este sosego
para quen non espera nada?

primulas

selfy

Na edade en q o futuro estaba cheo de posibilidades, as posibilidades non parecían tantas.
“Quédatelo”. E eu gardei rindo o comic debaixo da toalla e púxenme de costas co meu bikini negro dos 17.
Na mesma area están agora as pegadas das carreiras tolas do meu can. E tí estarás, quizais, mirando despistado a posta do sol dende ese grande ventanal que tes sobre a baía.
A memoria é unha desorganizada. Non hai estratos nos recordos. Os achádegos aparecen de improviso. Atoparme coa que fun cando tiña 14, 40 anos. Mesma cidade, mesmo espacio. Distinto tempo. Entrar na súa cabeza, saber o que sentían.
Anoitece case ás 6 este domingo de outono. Fago un selfy co can, o mar detrás. E observo a foto na pantalla do móbil. O mar non se ve. Escruto nos ollos que me miran. No fondo do meu estómago.
O vento removeume o pelo. Tinguino aloirado.

atardecer en a coruna