Saían nel os vellos trastos de pintar e a fotografía imposible e a ponte que sempre parte e me guinda ao baleiro.
Sangrábanme os dentes.
Os meus soños que non se esvaen coa luz cando esperto, que quedan e me acompañan no día.
[Os desacougantes péganse como cheiro de peixe. Os lindos quedan de mantiñas mornas].
Soños con argumento, non remendos desfiañados. A emoción sentida, tan real. Como aquela vez, cando apreixei a bóla do soño para traela comigo ao espertar, a proba tanxible do vivido. E alí seguía minutos despois de abrir os ollos, debaixo da manta. Podía notala dentro da man, o volume, a forma. Mais non podía permanecer para sempre co puño pechado. E a decepción escorregou entre os dedos.
E agora que soñei coa mamá non dou coutado comigo máis tempo a sensación tépeda e mol do seu abrazo. O seu olor. Que grande emoción vela despois de levar estes anos morta. Observala falando e sorrindo co mandil de cadradiños e a blusa de alivio. Andaba no soño trafegando cacharros, coma sempre, non paraba quieta e eu, sabedora de que ela estaba morta, disfrutaba -sin facer preguntas- da súa presencia. Mamá dame unha apertiña, deixa iso, anda, estate aquí un pouquiño comigo. Que blandiña estás, mamá, que mol é o teu colo, que ben levas hoxe o pelo. Para min que és máis pequena aínda, mamá, e como me gusta verte sorrir. [E calaba iso de que sempre a recordo chorando.] Escabullíaseme, ora á cociña, ora á horta, sempre viña alguén que me entretiña e xa a perdera de vista, e ía detrás temendo, pero alí seguía, milagrosamente, e estalaba en gargalladas de dita, porque podía tocala, e veña a sobar nela: deixa que che toque, mamá [aparta ho!] Que non, que non. Espertei e tiña o tacto do seu corpo. Retíveno varios días, pero xa se está diluíndo…
Deille tantos abrazos no soño coma os que ela desexou estando viva e eu non lle daba… porque viña alguén e me entretiña.
din que os medos, as paixóns, os sentimentos que con tanto tesón nos agochamos a nós mesmos, escapan das ataduras mentres durmimos e pasean ceibes, disfrazados, no mundo onírico.
en soños todos temos experimentado sensacións que son reais, angustiosas ou terroríficas, provocadoras dunha desazón que persiste ao espertar: o suor e as palpitacións pasan pronto, pero en ocasións quedamos o resto do día envolveitos nunha sensación desacougante, tea de finos fíos pegañentos
soñei que o meu fillo estaba nunha trincheira en afganistán, era un casco azul. rodeado polo inimigo, atrapado, sen resquicio para a fuxida, ante o inevitable que ocurriría en poucos minutos, enviábame un SMS despedíndose de min, coa tranquilidade de quen sabe que xa nada importa: “mamá estamos atrapados. no hay salida. es el final. ya stanaqiitquierp”.
a dor traspasoume o peito, ainda que durmindo fose, e dela andiven fuxindo o día enteiro, máis pola esquiniña víalle o ridículo do asunto:
mira tí, por SMS.
"Todo canto ves tanto é teu coma meu"
historias basadas en hechos reales ¡con dibujos!
Viviendo al filo de la realidad
Un blog de recetas sencillas y algunas andanzas
La bitácora de ciencia, tecnología, arquitectura, informática... todo lo humanamente divulgable lo tenemos y sino se lo conseguimos sin sobrecoste. Eso sí, en Castellano (casi siempre).
Benvidos
El blog de Lidia Bao
Crítica de cine informal pero esmerada
Galicia Poética
Gade Escale - A Coruña, unha viaxe de dezaseis anos
E corto coa coitela as liñas das veas que forman as verbas que escribo, e deixo que corran e se expandan, verbas que non rematan nunca, verbas infinitas
Un lugar de encuentro para todos aquellos que aman la poesía
Clarinete & Clarinete Baixo. Bitácora en galego.
Lemos, recitamos e comentamos poesía.
O país dos libros en galego
Blog de Josegll
Literatura galega. Blog de Ramón Nicolás
Consultora de Desarrollo de Personas y RRHH | Marca Personal y empleo |Psicóloga. Te ayudo a identificar tu talento, a ponerlo en acción y a darle visibilidad para dejar huella y conseguir tus objetivos profesionales.
| hai que abrir as portas, deixar pasar o sol
Revista digital de Plantas y Flores
traducir é producir:: translating is loving :: un espazo onde se dá coa palabra e se le como soa mellor:: traducións a galego| desde o galego | into galician | from galician
Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega
Poden quitarnos todo, mais que non nos quiten a liberdade!
Outra maneira de ver Galiza
LET'S DO IT
Desde Galicia, notas sobre a transición planetaria
A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna
Samuel L. París come ovos con salchichas e arroz
lecturas poéticas
✍ astronomía | literatura | ciencia | música
Se se pode imaxinar, pódese facer
Fun polo vento e vin polo aire
non é só un lugar...
Obradoiro de literatura
Los monóloblogs reflejan una multiplicidad de verdades, algunas escondidas tras la máscara de la ironía, de lo absurdo. Por tanto, la verdad solo será visible para los iniciados, e inaccesible para los injustos o los que solo desean gratificación sensual.
De cosas varias de todos los días.
Nulla dies sine linea
Just another WordPress.com weblog
mari de piloño
Cociña, cine, literatura... Ein bißchen Spaß muss sein!
Todo sobre Coruña
Ponte en forma (poética)
Mi hermana salió del armario, mi madre se llevó un disgusto y yo me fui a Brno, con la Nespresso y los Tommy Hilfiger, y dejando atrás la Thermomix y un medio novio.
Just another WordPress.com site