aCadaCanto [videoclip]

Contra un rechazo, unha acollida: Outro peito que agarima, bicos de menta, abrazos tan longos que medran glicinias.

ACADACANTO AS CANCIÓNS “TOMAN O MANDO DO MUNDO
E CÁNTANLLE PARA QUE SIGA VIRANDO.
ACADACANTO AS NAOS QUE GUÍAN OS ASTROS XUNTAN OS MASTROS
E OS VERSOS E AS COPLAS VANAS TRIPULANDO.
ACADACANTO OS ENCONTROS NO VENTO QUE FORON PASANDO
ATÓPANSE MAÑÁ PARA SEGUIREN CANTANDO…”

Tamén en vimeo

chove [video]

En HD

Este video parécese ao que colgou Falabarato onte no seu blog. (A choiva, unha igrexa, o millo, flores de cor laranxa…) Os dous gravamos imaxes no rural, a tan só 30 km. de distancia un do outro e xusto nos mesmos dous días. Pero a razón non é esa. É todo porque eu aprendin a mirar polos ollos seus.

almanaque sen follas [videoclip]

Igual é raro arrimar o lombo contra os valos e comer bocadillos tristes con viño tinto en compañía de lagartos, á beira dos cemiterios ou dos pazos abandoados. Un ano fun lonxe. Sería abril, porque era un día quente e cantaba o cuco.

 

alguén, para min


Hai un pazo á beira da senda antiga. Alguén fixo un rego coa auga que baixa pola carballeira e deixou unha fonte. Unha fontiña, unha fontela.

Imaxe

[ outra ] pequena grande diferenza

Que diferente é espertar alá! [e almorzar lagañas con café con leite] Aquí a ventá dá cara o leste, o outono de estrea, a luz ciscada pola chan

[Saín, en pixama, almorzar figos collidos directamente da figueira.]

Imaxe

ceo de uvas, alfombra de menta

un ceo de uvas

Imaxineite cavando os buratos para as vides, regos de suor confluíndo no val entre os teus seos.
Hoxe o recendo a setembro e a menta.
O néctar dulzón da nostalxia.

Eu, tan agradecida. E tí nunca o soubeches.

e unha alfombra de menta

(máis…)