Imaxe

a liña de verlaine [presentación de fotos]

Con esta caloraza custa traballo sentir que o verán rematou. Alá van todos eses días na conta do vivido. Días nos que fun retomando a terra. Re-coñecendo antigas caras [ as nenas que fomos, agochadas entre as engurras ] Atopando outras novas [ quilómetros polos trazos debuxados ] Afondando na amizade [ os brazos, perplexos ]
E este verán asumín que tamén eu, que eu tamén, a líña de Verlaine.

Unha escolma de imaxes para lembrar só algúns dos momentos bos que volvería a vivir.

 

os soños son o don sutil [presentación de fotos]

Dreams are the subtle Dower
That make us rich an Hour – –
Then fling us poor
Out of the purple Door
Into the Precinct raw
Possessed before – –

Emily Dickinson

a rose is a rose is a rose [presentación de diapositivas]

Visitar as roseiras da Rosaleda de A Coruña en maio estase a convertir nunha tradición.

Imaxe

20 alboradas, 30 fotos, 1 minuto (e medio) [presentación de diapositivas]


azul________dá-me a túa hora
vermello_______toca-me

Xavier Seoane [O canto da Terra]  

 

Con estes 20 máis, suman 45 amañeceres; todos en A Coruña, [Mallos-Estación e  Labañou , a maioría]. – O tema musical: eyes / rogue wawe,  atopeino en Interpretasones. –

dende a miña fiestra [1001 amañeceres, VIII]

7 amañeceres na Coruña, dende a miña terraza. [de finais de febreiro e primeiros de marzo do 2011]

Ni tuya ni mía, ni tuya ni mia.
Nunca hubo entre nosotros
una pala-brita fría.
Que ni tuya ni mía,
que ni tuya ni mía.
José Mercé [Del amanecer]

Seguir lendo

cos pés no orballo [1001 amañeceres, VII]

Nas terras do Deza recibin o rompente do sol cos pés no orballo [van 16].
A mañá abriríase morna en canto a brétema abandonou o leito do río desfacendo o seu abrazo íntimo.
[Escoita… bican o ar os asubíos.]
O sol destronou a noite.
[Eu quixera que fose un día eterno no que atopar algo, un camiño que as silveiras aínda non tapiaron.]
presentación de 2:13 con fotos dun amañecer en Silleda, lugares de Dornelas, Cira  e Augacai