Ooooh, que mono!
Para ela todo é mono: os canciños, os gatos. As serpes son monas, os morcegos, o dragón de komodo é mono. Fran de la Jungla é mono.
Pero non pensei que se atrevese a aparecer cun hámster na casa sin pedir permiso e aproveitando a miña ausencia do fin de semana. Odio eses marditos roedores .
[Inda lembro aquel que tivera o meu fillo, tan bonitiño e dourado que, nunha noite, me roeu a cortina do dormitorio.]
Só se estou pagando un karma [ pola vez que lle aparecín a miña nai na casa co can aquel das cicatrices e a pel enferma ] podo aceptar o feito de descubrir á mañá seguinte que o hámster era femia. As 7 sorpresiñas sin pelo, feos e cegos, colgaban das súas tetas nun niño improvisado. [Seica é difícil ver se unha femia está preñada, pero distinguila dun macho é sinxelo: os machos teñen uns collóns tan desproporcionados que non hai dúbida.]
E, se non tiven corazón para obligar á rapaza a volver á tenda coa gaiola chea de hamsters, menos o ía ter para tiralos polo water como todo o mundo me aconsellou. [ Estás mal de la cabeza? en un mes estarán follando como locos, otro mes más y tendrás 30 hamsters!]
I see. Pero a natureza é sabia.
Menos mal que xa lera o das proteínas e todo iso cando lle vin agarrar un dos fillos con esas manciñas e poñerse a comelo coma quen come unha castaña. Inda así non me pasou a impresión en horas. [Saíalle unha manciña por un recantiño da boca]
– Y por qué le llamais al hámster Saturnina?
– Por nada, por nada.
Arquivo por etiquetas: natureza
na ribeira do eume [presentación de fotos]
Pareceume a auga, pero era a miña ansia ese rumor que escoitaba na fraga recóndita do Eume.
paseo das verónicas azuis e os amorodos
Catro anos despois, o mesmo lugar: o río, o muíño, a mesma velliña dos ollos claros.
Polo carreiro, á beira da canle, deixou ciscadas a primavera violetas e prímulas, narcisos silvestres, verónicas azuis como os ollos da vella.
E agochadiños entre as flores, medrando ó calado, os amorodos.
A mesma maxia [esta vez sen fume nen veladuras].