o peizoque de dores [videoclip]

O peizoque canso
reconta feliz
as palabras todas
antes de ir durmir

Videoclip resumo da presentación do libro de Dores Tembrás “o peizoque Roque”, un libro para nenos [grandes e pequenos] con ilustracións de Xosé Tomás, editado por Galaxia.

Tamén en Vimeo (HD)

[O libro leva unha dedicatoria:
“De Romeu, que llo aprenderá a Duarte.
E para Ledicia, Nerea, Mateo e Lino”]

Na cara de Dores, tamén se pode ler.

un mal agoiro

O sábado flotaba no ar unha doce tristeza. Unha tristeza doce que me enchoupou coma orballo. Todo me conmovía: un xesto, unha palabra. A mañá na biblioteca pasou rápido, languidecendo, somerxida entre os libros. Elixín o Livro das devoracións, que devorei o mesmo sábado. Conducín 100 km. para lelo alá, no eido. Anoitecía cando cheguei. Sobre o felpudo, un paxaro morto.

…ou iso penso. Creo.

Espertei [case as once]
Na fiestra vin que o sol fuxía das nubes enredando na horta, deixando pequenos arcoiris nas pingas do orballo. Volvín para a cama con Lois Pereiro [e o café]. Os paxaros.
Se houbo un tempo no que eu amañecía con este canto, por que só me lembro do frío?
Acubilleime nas floriñas da colcha e a través do libro viaxei polo seu camiño derradeiro. Ou iso penso.