na Coruña nunca xea

Por iso hoxe, a xeada que vin ao espertar na miña aldea, removeume na memoria ata os sabañóns:  As mauciñas de 5 anos xogando “a las casitas”. “Se tes os pés fríos, salta” dicía miña nai. E eu saltaba. Admirabáme que sempre atopara solucións para os meus disgustos. Menos para o de ver como choraba ela. Disimulaba, pero mal.

Imaxe

“we all have reasons for moving”

facer-meus-dos-versos-de-mark-strand

Licencia Creative Commons
Esta obra está bajo una Licencia Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.

“es ofrenda o vanidad”

Dende a cova sinálanme a ruta as maus que me ataron o embigo.
Ese caracol que leva ao lombo o enigma que vai
do ombreiro ao dedo que me sinala
máis alá da Vía Láctea.
No niño da cigoña.

Ofréceme só aquilo que non poidas contar.
Argamasa feita do teu cuspe.
Sabes que índa os mortos de pés con unllas esculpidas
se corrompen.

Via Lactea (Xan V. Perez)

Foto do amigo Xan V. Perez

Los poemarios de vejez ganan una hondura filosófica calma y una apaciguada actitud reflexiva ante la vida.
En “Entrevista” Cadenas recuerda la que Grazia Livi le hizo a Ezra Pound en la casa de su hija en Venecia, donde

“En sus últimos días

el viejo poeta

llegó a la Gran Incertidumbre

(…) pero a lo largo de la conversación

sí se observa entre líneas un dilema: el arte

es ofrenda

o vanidad”.

Rafael Cadenas y Gustavo Pereira país adentro o había que llenar de vino el vaso

Imaxe

arquivo

image

Gardar durante anos. Clasificar por temas. Na memoria, o pasado, menos que papel

Galería

In memoriam Gato

This gallery contains 11 photos.

Primeiro o gas adormiñouna mansamente. Despois foi a inxección letal. Eu só quería levar a Gato de volta ao sofá das sestas ronroneantes e felices. Quería seguir mirando o seu andar garboso, o paso de algodón. O corpo ondulante. O salto elástico. Quería descubrir o misterio da súa inmobilidade cara a parede, o tempo parado […]

Imaxe

ollos [1001 amañeceres]

Apalpando o inverno, asomou fermosísimo o último día do ano. Agradezo os meus olliños. Máis ca hai 5 anos
amañecer fin de ano

[van 50]