Imaxe

fun tanto tempo

Fun tanto tempo esta da foto (todo o que a foto conta) que me custa recoñecerme na que son agora.
Hai momentos nos que sinto por ela a nostalxia que deixan os mortos que amamos.

unha romaría de santa margarita [videoclip]

Levo a mirada en eastmancolor dende que me paseo polas páxinas de “A viaxe de Gagarin” de Agustín Fernández Paz, ando por unha Coruña que existía antes desta que medrou porriba dela.
Por iso este ano, á romaría de Santa Margarida. Formar parte da tradición. Imaxinar o antiguo outeiro reconvertido en parque urbano. Reconstruír no meu maxín os muíños de vento. A emisora espía de 1940, camuflada como RNE nos camións alemáns. Mirar a actual fonte, e vela coma cando era a “fonte dos caños”, a uns 200 m. da antiga capela monte abaixo. Esa fonte tan milagreira que á cofradía da santa non podían pertencer médicos nen boticarios, por non facerlle sombra no oficio de sanar. Percorrer internet á busca de fotos antigas, recuncar en A. Martí, o fotógrafo das maletas tristes.