Imaxe

[ outra ] pequena grande diferenza

Que diferente é espertar alá! [e almorzar lagañas con café con leite] Aquí a ventá dá cara o leste, o outono de estrea, a luz ciscada pola chan

[Saín, en pixama, almorzar figos collidos directamente da figueira.]

Imaxe

ceo de uvas, alfombra de menta

un ceo de uvas

Imaxineite cavando os buratos para as vides, regos de suor confluíndo no val entre os teus seos.
Hoxe o recendo a setembro e a menta.
O néctar dulzón da nostalxia.

Eu, tan agradecida. E tí nunca o soubeches.

e unha alfombra de menta

(máis…)

setembro


[Instante para gardar]

Debaixo da viña o forte aroma da hortelá mestura coa fragancia doce da uva madura. Envolve a tarde o zunido, o tépedo. Dourada a luz, longa a sombra.
O equilibrio. Setembro.