Unha vez tiven un cravo [recita Estíbaliz Espinosa].
The thrill is gone: a emoción foise, di este blues.
E xunto coa saudable sensación de terse liberado dun influxo, dun encantamento, queda tamén un baleiro: onde estaba a emoción, hai un oco. Para fuxir dese vacío alimento eu as miñas emocións, que non esvaezan -aínda que ás veces manquen-, porque cando se dilúen quédame o corazón frío, o corpo escarchado. E eu quixera estar sempre derretida.