podes deixar o sombreiro posto [videoclip]


Este enredo vai adicado a mari de piloño.


A comarca natural da Ulla ten unha tradición única e orixinal polo antroido, da que hai testemuñas dende mediados do século XIX.
Os xenerais e correos percorren as parroquias ao longo do día dando vivas ós veciños, acompañados dun “exército” de abandeirados, coros, comparsas e parrandas.
Despois prodúcese “o atranque” ou alto, onde se enfrontan dialécticamente facendo burla da política ou de asuntos locais, utilizando unha rima sinxela (da que non fan moito caso) e un soniquete característico, con lixeiras variantes dunhas parroquias a outras.