Son tan pequenos os días, que non pasa nada. Levo dous en modo aforro de enerxía, inactiva, recuperándome da gripe. Dende a miña realidade non menos ficticia, emocionome coas lealdades e as traicións vivindo horas na mansión inglesa de Downton, onde residen os Grantham e o persoal ao seu servicio. Ambicións, segredos, amores ocultos. Estou tan metida na súa vida, que me sorprendo pensando neles, como se existisen, tan reais, ou mellor, tan pouco reais como eu mesma neste hibernamento, cando nada pasa.