o peizoque de dores [videoclip]

O peizoque canso
reconta feliz
as palabras todas
antes de ir durmir

Videoclip resumo da presentación do libro de Dores Tembrás “o peizoque Roque”, un libro para nenos [grandes e pequenos] con ilustracións de Xosé Tomás, editado por Galaxia.

Tamén en Vimeo (HD)

[O libro leva unha dedicatoria:
“De Romeu, que llo aprenderá a Duarte.
E para Ledicia, Nerea, Mateo e Lino”]

Na cara de Dores, tamén se pode ler.

madalenas para o ánimo

Onte Dores trouxo madalenas ao obradoiro. De chocolate, de noces. Feitas por ela.
[Madalenas para o ánimo]. Comín a miña mentres Dores recitaba:

“Chegou o paquete por correo urxente e alí facía vinte anos que non vivía ninguén e as rosquillas que iban dentro da caixa secaron coa calor e volvéronse outra vez masa coa auga e a caixa na que iban enrugouse tanto e borróuselle a dirección e o remite que pensei eu que alguén tiña chorado sobre ela sen podela abrir ata deixala así coma se a agardara desde facía moito tempo coma se nela tiveran que vir os cariños dalguén.”
Celso Fernández Sanmartín