Imaxe

unha lección sinxela de xenerosidade

-Que pesado estás preguntando sempre polos castiñeiros que mandaches plantar hai tres ou catro anos!. A que vén tanto interés en saber cantos prenderon e se medran ou non medran? Ti, con máis de 70 anos, nunca medrados os vas ver! e os teus fillos non queren saber nada da aldea.
-Ai pero aínda que non os vexa eu hanos ver outros!. Tamén cando eu nacín había castiñeiros. E se os había era porque alguén os plantara.

Castiñeiro en Parada de Sil. 2010

Olivar de teu avó,
souto de teu pai,
viña, a que tú plantaches.

O avó do Raposo na cova.

[Cando apareceu por este Planeta o primeiro home xa os castiñeiros levaban millóns de anos dando follas, sombra e castañas. Dise que o castiñeiro máis vello de Galicia é o de Pumbariños, na parroquia de San Martiño de Manzaneda, (Ourense). Calcúlase que ten uns 1000 anos. Para abranguer todo o seu contorno precísanse dez persoas collidas das mans cos brazos estendidos. E na parroquia de Catasós, en Lalín, están os castiñeiros máis altos de Europa (medraron buscando a luz por estaren nun bosque moi tupido)]

Aquí fotos do castiñeiro de Pumbariños e unha curtametraxe dun percorrido por nove árbores singulares de Galicia, entre elas o Castiñeiro de Pumbariños (no minuto 02’25” – 05’00”).