cousas que unen

“Reparar na estrañeza do meu corpo neste chan intuir que o hibisco perdeu a cor e o sabor na viaxe” -O pouso do fume-


Déronme unha bolsiña de hibisco. Gústame pensar nesta infusión refrescante de cor púrpuro-vermella, como se fose un símbolo, unha bebida máxica que vai deixando  un fío prendido en cada unha das personas ás que chega, formando un tecido de amizade que se estende transmitindo bolsiñas púrpura atadas cun laciño.

E eu aínda baixo a maxia de Buena Vista Social Club. Dela cautiváronme os protagonistas do documental personificando a decadencia, cos seus estragados corpos como continentes de emoción e sentimentos. A través desas persoas fixen unha descuberta. Fiquei admirada e sorprendida ao ver que non importa canto envelleza o corpo: síntese apaixoadamente, está aí a muxica da vida, o lume que flamea no peito. Igualmente o xúbilo estoupa, o amor calla. Traspasando a pel transparente, o silencio rompe a través da música, onde o corazón lles arde.

*[Todos temos o noso hibisco: esas cousiñas miudas que forman parte do pequeno mundo propio e que compartimos coas persoas que se achegan a nós.]