un reflexo máis

Son as mesmas ventás da Mariña cás de hai cen anos. Somos os mesmos paseantes. Alí sigue o noray nº 7.
Cólgalle á tarde do sábado unha nostalxia de domingo tan fonda que nin o ar quente lle escorrenta o gris desfiañado.
Na súa bastilla descosida agocho eu a miña melancolía. Hipnotízame o movimento da auga até converterme nun reflexo máis.

simple things [videoclip]

entón ela regaloulle o seu nome
o tacto de formiga das cousas pequenas
e o idioma secreto que sabe o silencio
Carlos Negro [ Lalín, 1970 ]

a rose is a rose is a rose [presentación de diapositivas]

Visitar as roseiras da Rosaleda de A Coruña en maio estase a convertir nunha tradición.

olfato en technicolor

A praia do Orzán hoxe ás 15:30, posando para o meu teléfono. [ Malia ser unha praia urbana, igual ten mareas, algas, ole e pódese escoitar o son cadencioso das ondas.

saín do traballo
e bateume na cara o cheiro a mar.

o ar era sal,
era argazo
era a toalla mollada
os pés de area.
era
cuando calienta el sol aquí en la playa,
siento tu cuerpo vibrar cerca de mi
.
era,
cando cambiaban as cores
a technicolor.

Imaxe

20 alboradas, 30 fotos, 1 minuto (e medio) [presentación de diapositivas]


azul________dá-me a túa hora
vermello_______toca-me

Xavier Seoane [O canto da Terra]  

 

Con estes 20 máis, suman 45 amañeceres; todos en A Coruña, [Mallos-Estación e  Labañou , a maioría]. – O tema musical: eyes / rogue wawe,  atopeino en Interpretasones. –

Imaxe

aquí [1001 amañeceres]

aquí, [onde a luz é un perfil de ouro e sombra,]
a diferenza
é a brisa -levísima- movendo as follas.

_____________________________
– Unhas 3 semanas separan as dúas fotos. Foron feitas detrás do valado do IES Rafael Dieste da Coruña. [Con estes 2 amañeceres van 25 fotografiados no blog.]
– En cursiva un verso do Canto da Terra de Xavier Seoane, o meu poeta das mañás e dos paxaros:
“Aqui/onde a luz é un perfil de ouro e de sombra/os vermellos cavalos/que outrora acompañaron a carreira do sol/habitan nos meus ollos”