cita de outono [videoclip]

E foi que puxo os ollos na porta desta casa
e díxenlle:
feliz quen poida verte
de novo regresando
Manuel Forcadela

Imaxe

onírico_2

 

Soñei co meu ex-marido, as nosas pequenas connivencias, e coa súa segunda muller. Cun ex-amante e a súa segunda muller. Co meu fillo, de adulto. Coas compañeiras do traballo. Todos nós mesturados no soño.
Saían nel os vellos trastos de pintar e a fotografía imposible e a ponte que sempre parte e me guinda ao baleiro.
Sangrábanme os dentes.

Espertei cando regaba un precioso xardín que non era meu. Eramos varios traballando e dirixía os labores de xardinaría Dores Tembrás.
Imaxe

dous metros por debaixo

Sentar na tumba.
Cavar dous metros de melancolía
Aferrarse a unha      flexíbel     oca     longuísima     canavela*

 

(*)null caña null reed
a cita é de “Nisto consiste o home”, Manuel Rivas

o vento

Tralas contras flotan argueiros de po na raiola que entra pola rendixa. Enche o cuarto o zunido dunha gran mosca. E o do vento. Un aire tolo que ameaza con voar a casa, deixarnos sen acubillo.
E ti gurrando na porta, ti coutando da saia, ti arreglándote o pano, ti rezando. Santo dios santo forte santo inmortal líbranos señor de todo mal.

Pero o furacán levantou o tellado.
E veu, e levoute a serpe voadora.

el

Vive anicado no profundo do peito, fero animal acurralado á espreita, tensos os músculos, preparado para avanzar ás alancadas polo corpo todo no momento oportuno. Esténdese nun instante, despregándose en arreguizos, no suor frío, na aceleración do pulso, petando nos oídos a cada latexo, dilatando a meniña dos ollos, apertando os dentes, retorcendo as tripas, baleirando o ventre, paralizando a conciencia ata facerse o señor absoluto. O monstro atávico que habita na noite. O sedutor amante dos suicidas.

maldito blues [videoclip]

Porque el presente… rastrojo del penúltimo verano triste y azul.
Maldito blues.

*as bolboretas para un tal marra, a quen lle gustan os bichos.