chove [video]

En HD

Este video parécese ao que colgou Falabarato onte no seu blog. (A choiva, unha igrexa, o millo, flores de cor laranxa…) Os dous gravamos imaxes no rural, a tan só 30 km. de distancia un do outro e xusto nos mesmos dous días. Pero a razón non é esa. É todo porque eu aprendin a mirar polos ollos seus.

dios dea quen fale con un [videoclip]

Pitima foi quen argallou este traballiño: ela cantou e fixo os arranxos a partir dun texto de Chousa da Alcandra e a música composta por Raúl.
Falabarato recitou e aportou as imaxes coa técnica time-lapse que eu xuntei coas miñas para montar este video:

Click aquí para velo nun tamaño axeitado e mellor calidade de imaxe

 Ou en youtube

primavera silenciosa [videoclip]

Deixa que medren as palabras

Neste remexido, unha selección das moitas imaxes que tiña recollidas coa cámara.
Click en Vimeo para velas en maior calidade e tamaño.

se envellecemos xuntos [videopoema]

O poema: Xulio L. Valcárcel. Recita: Xosé Fuentes.

Se envellecemos xuntos
e desfago a madeixa dos meus días
ao teu lado
fareime confidente
do teu camiño sen pegadas,
do teu canto e do teu ánimo.                              Xulio L. Valcárcel

recital poético: avilés de taramancos

A onde vas, amor? Duras entrañas / vas encontrar no que antes foron rosas ,/ duro eslabón e pederneira dura / no que antes fora mol, pois foi a vida / endurecendo as vértebras do canto / e cortándolle as azas á ternura / de tanto me ferir /. (…)

Última fuxida a Harar

almanaque sen follas [videoclip]

Igual é raro arrimar o lombo contra os valos e comer bocadillos tristes con viño tinto en compañía de lagartos, á beira dos cemiterios ou dos pazos abandoados. Un ano fun lonxe. Sería abril, porque era un día quente e cantaba o cuco.