Imaxe

aínda ecoan as voces

aínda ecoan as voces
dos que acaban de marchar

a xeada
arríncalle cores ás prímulas
cala o zunido dos insectos

este silencio frío
da tardiña

nin ladran os cas
á noite de febreiro

agora podes escoitar a herba
o seu falar inquietante

que é este sosego
para quen non espera nada?

primulas
Imaxe

mans

vimbieiras

amarela e lenta
é a danza
das vimbieiras

xaneiro menguado
ese é o tempo

cortar as pólas
deixalas a remollo
que domeen

coma a rabia

trenzar vimbios
círculos
horizontes

as mans
teñen memoria

de berces
canastros
un látigo fino

estalidos no ar
e na pel
sinais

caer
o corpo
coma un cesto

Imaxe

“we all have reasons for moving”

facer-meus-dos-versos-de-mark-strand

Licencia Creative Commons
Esta obra está bajo una Licencia Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.

Imaxe

non quedan fotos

wp-1472653038795.jpeg

vincas

pensei que as vincas rubirían
paredes e valos
cobertor azul de vermes
na leña para picar
que oídio ou plaga
acabaría con elas?
e onde iría parar o gardado
no baúl de Cuba?
hai couza nas vigas que o avó trouxera
en carros tirados por catro bois
tan sequera
a luz
entrase polo leste
tódolos da casa botarán contas
os vellos por debaixo dos novos
arrolándose
no adro
a calquera hora han chegar
e que lles vou dicir eu?
se deixei as vincas desaparecer
vinca major

vinca, semprenoiva, cangroia, herba doncela

Imaxe

o cuarto

image

 

(Exposición de Chagall en Madrid, ata 24 de abril)